Estación de San Clodio-Quiroga
| Estación de San Clodio-Quiroga | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| San Clodio | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Estado de uso
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Operador/a
| |||||||
|
Propietario/a
| |||||||
| Transporte | |||||||
|
Servizo de conexión
| |||||||
|
Código de estación
| |||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||
|
Número de beiras
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
San Clodio-Quiroga é unha estación de tren de Adif situada en San Clodio, no concello de Ribas de Sil, a escasos quilómetros de Quiroga. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 333,5 da liña férrea de ancho ibérico que une León coa Coruña a 246 metros de altitude,[1] entre as estacións do Freixeiro e Soldón-Sequeiros. O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 18 de xuño de 2016.
| Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
| 6 | Rexional Exprés | León Ponferrada |
<> | Vigo-Guixar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de San Clodio-Quiroga |
