San Bernardino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "San Bernardino, California")

Coordenadas: 34°36′N 117°11′O / 34.6, -117.18

San Bernardino
Bandeira de San Bernardino
Escudo de San Bernardino
Bandeira Escudo
Cidade de San Bernardino
Downtown San Bernardino.jpg
Centro da cidade de San Bernardino
Información
País Flag of the United States.svg Estados Unidos
Estado California
Condado Condado de San Bernardino, California
Fundación 1810
Superficie
 • Total
 • Auga
 • Terra

154 km²
1'1 km²
152'9 km²
Poboación
 • Total
 • Posto

209924 (2011)
100º
Densidade 1358'9 hab./km²
CAMap-doton-San Bernardino.PNGLocalización de San Bernardino no estado de California
[1]

San Bernardino é unha cidade do estado de California, Estados Unidos. Forma parte da área metropolitana Riverside (ás veces chamada Inland Empire). E tamén é a sede do condado de San Bernardino, California, Estados Unidos. A súa poboación estimada en 2010 é de 209.924 habitantes. No 2006 foi a décima oitava cidade máis grande de California e no 2010 a 100º máis grande dos EUA.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia de San Bernardino comeza nos primeiros anos do século XIX. Os misioneiros españois foron os primeiros poboadores da rexión. Elixiron o fértil val ao pé dunha gran cordilleira. O pai Francisco Dumetz fixo a súa última viaxe de misión de San Gabriel ao val de San Bernardino o 20 de maio de 1810 e creou un altar para intentar converter aos indios que vivían alí.

En 1819, a misión de San Gabriel estableceu o Rancho de San Bernardino na área. A preocupación principal dos misioneiros era o benestar espiritual dos indios, pero tamén tomaron parte no seu ben material, ensináronlle a traer auga de Mill Creek e as mellores maneiras para plantar e regar os cultivos.

Porén, todas as misións foron cerradas por decreto do gobernador de California Figueroa en 1834 e o período da misión chegou a súa fin. Pero coa súa desaparición naceron os grandes ranchos españois. A abandonada misión non permaneceu vacante durante moito tempo e converteuse axiña nun importante cargo na ruta comercial coñecida como o camiño do español. Pioneiros como Kit Carson e Jedediah Smith, entre outros, pasaron moito tempo no val durante eses anos. Os ranchos mantivéronse nun constante estado do excitación de todas as festas, rodeos, carreiras de cabalos e celebracións das festas relixiosas.

A maior ameaza para os ranchos eran os ataques para roubar o gando por tribos de indios do deserto. Xeralmente feitas durante a lúa chea, estes ataques podían acabar co rabaño enteiro dun rancho e moitos rancheiros finalmente saíron da zona. O roubo continuou ata que unha comunidade de case 500 mormóns chegaron ao Val en 1851. Os pioneiros relixiosos, que quería expandir o imperio relixioso de Brigham Young, mercaron 35000 hectáreas do Rancho de San Bernardino en 1851. Informados xa das historias sobre os ataques dos indios, os mormóns construíron unha muralla arredor do rancho. As familias viviron dentro da muralla durante os primeiros anos, cultivaban trigo e outros cultivos fóra e construíron un muíño dentro da edificación. Posto que os mormóns non criaban gando ou cabalos, os indios xa non eran unha ameaza e pronto as familias puideron mudarse e construír as súas propias casas.

No outono de 1852, o coronel Henry Washington, un inspector de Estados Unidos, mandou erixir un monumento na cima do Monte San Bernardino. A comunidade prosperou e en 1854 incorporouse oficialmente na cidade de San Bernardino. A poboación desta época era de 900-1200 mormóns. San Bernardino era un poboado no que non estaba permitido o xogo nin a bebida.

En 1857 marcharon algúns mormóns por problemas económicos, mentres que outros optaron por permanecer. Nos seis anos nos que os mormóns seguiron a súa misión do Rancho de San Bernardino fixeron numerosos logros, como establecer unha rede de estradas, escolas, tendas e un forte goberno.

En 1860 descubriuse ouro en Holcomb Valley, polo que os homes atravesaron as montañas San Bernardino para probar a súa sorte na busca. Por un tempo, Belleville, en Holcomb Valley, foi a cidade máis grande no sur de California con 10.000 habitantes, e case se converteu na sede do condado, perdendo ante San Bernardino por tan só un voto. Os tempos eran ásperos e duros, igual que os homes que chegan en busca de riquezas rápidas, e numerosos problemas internos azoutaban aos poboadores. A comunidade sobreviviu e a biblioteca e outras asociación foron creadas neste momento.

Nos últimos anos do século XIX, as ferroviarias chegaron a San Bernardino, pasando de ser un poboado a unha cidade emprendedora. A competencia entre os ferrocarrís desencadeou unha guerra de tarifa. Cando o ferrocarril de Santa Fe estableceu un vínculo transcontinental en 1886, o val prosperou. A poboación duplicouse, de 6.150 en 1900 a 12.779 en 1910, ano no que se organizou por primeira vez a cámara de comercio de San Bernardino.

Un sinal ben coñecido do Val de San Bernardino é a punta de frecha que se encontra arriba na montaña. Claramente visibles desde moito antes de que o home branco chegase, a figura ten moitas lendas sobre a súa orixe. Os indios, conscientes do valor medicinal das augas termais, decote reuníanse para bañarse nelas. A punta de frecha é visible perfectamente desde lugares tan afastados como 30 km nun día claro, grazas aos 1.375 metros de largo e 150 de ancho. Aínda que comunmente se creía que os indios fixeran a punta de frecha para marcar a situación das Termas, os xeólogos afirman que foi un fenómeno natural.

Co paso dos anos, San Bernardino atravesou bos tempos, aínda que como todas as comunidades tamén pasou por malas épocas. Hoxe en día, San Bernardino é un centro urbano, civilizado e moderno. O espírito e vitalidade dos pioneiros é aínda evidente e reflíctese no orgullo da comunidade.

Xeografía[editar | editar a fonte]

San Bernardino ten unha área total de 154 km², dos cales 152,9 son terra e a parte restante é auga. A cidade encóntrase na porción oriental do Val de San Bernardino, aproximadamente 109 km ao leste dos Ánxeles. Algunhas características xeográficas máis importantes da cidade son as montañas de San Bernardino e o bosque nacional de San Bernardino, no que se encontra o barrio norte da cidade, Arrowhead Springs. O río Santa Ana forma parte da fronteira sur da cidade, ao sur do aeroporto internacional de San Bernardino.

San Bernardino é a única cidade do sur de California situada na súa maior parte sobre acuíferos subterráneos. Unha gran parte da cidade está sobre a cunca de auga subterránea de Bunker Hill, incluindo o centro da cidade. O lago Seccombe é un lago artificial, e o San Bernardino Valley Municipal Water District planea construír dous lagos máis coa fin de reducir as augas subterráneas.

As autoestradas actúan como importantes divisións xeográficas para a cidade de San Bernardino. A interestatal 215 é a principal división Leste-Oeste, mentres que a Ruta Estatal 210 é o principal divisor Norte-Sur. Outras estradas importantes son a Ruta Estatal 203, a Ruta Estatal 66, a Ruta Estatal 18 e a Ruta Estatal 259.

Clima[editar | editar a fonte]

San Bernardino conta cunha versión algo máis fresca do clima mediterráneo con fríos invernos (as xeadas son comúns nesta época do ano) e con veráns secos. Hai un clima árido particularmente durante o verán. En relación con outras áreas no sur de California, os invernos son fríos e con xeadas. Os veráns son moi cálidos, con una temperatura récord de 47’2 °C en 1971. No inverno, nalgunhas ocasións caen copos de neve. San Bernardino ten un promedio de 41 cm de choiva, granizo ou neve lixeira cada ano. En Arrowhead Springs, barrio norte de San Bernardino, debido á estar a 910 metros sobre o nivel do mar adoita nevar. Durante os meses de outono prodúcense fortes ventos de aire quente e seco. Este fenómeno aumenta considerablemente o perigo de incendios forestais nos outeiros e montañas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2010, San Bernardino tiña unha poboación de 209.924 habitantes, cuxa densidade é de 1.358'9 persoas por quilómetro cadrado. Había 95.734 (45'6%) poboación de raza branca, 31.582 (15'0%) afroamericanos, 2.822 (1'3%) de americanos nativos, 8.454 (4'0%) de asiáticos, 839 (0'4%) das illas pacíficas, 59.827 (28'5%)doutras razas, and 10.666 (5'1%) de dúas ou máis razas.Había 125,994 (60'0%) latinos ou hispanos. O 19'0% da poboación en 2010 eran non hispanos brancos, en contraste co 65'6% en 1970[1].

Segundo o censo 202.599 habitantes (96'5% da poboación) vivía en fogares. Había 59.283 fogares, dos cales, 29.675 (50'1%) tiñan menores de 18 anos, 25.700 (43'4%) eran matrimonios do sexo oposto vivindo xuntos, 13.518 (22'8%) tiñan unha muller como cabeza de familia sen marido presente, 5.302 (8'9%) tiñan un home como cabeza de familia se esposa. Había 5.198 (8'8%) solteiros, e 488 (0'8%) parellas ou matrimonios do mesmo sexo. 4.119 fogares (6'9%)tiñan a alguén vivindo solo con 65 anos ou máis.

A poboación aumentou en 67.238 persoas (32'0%) menores de 18 anos, 26.654 habitantes (12'7%) entre 18 e 24 anos, 56.221 (26'8%) entre 25 e 44, 43.277 persoas (20'6%) entre 45 e 64, e 16.534 habitantes (7'9%) que teñen 65 anos ou máis. A media era de 28'5 anos. De cada 100 mulleres hai 97'2 homes. De cada 100 mulleres de 18 anos e menos, hai 94 homes.

Hai 65.401 unidades de vivenda e unha media de densidade de 423'4/km², das cales 29.838 (50'3%) estaban ocupadas polo propietario, e 29.445 (49'7%) estaba ocupada por inquilinos. 102.650 persoas (48'9% da poboación) vivía nas súas propias casas e 99.949 persoas(47'6%) vivía en casas alugadas.

A diversidade étnica[editar | editar a fonte]

A parte occidental, central e leste de San Bernardino son o fogar das poboacións mestizas con ingresos baixos, dos cales unha alta porcentaxe son os latinos e afroamericanos. Historicamente, moitos latinos, principalmente mexicanos-estadounidense vivían no Monte Vernon Avenue no leste. E o corazón da comunidade afroamericana está no lado oeste da cidade.

Economía[editar | editar a fonte]

O goberno, o comercio minorista e as industrias de servizos dominan a economía da cidade de San Bernardino. De 1998 a 2004 a economía creceu en 26.217 postos de traballo, un aumento do 37%, a 97.139. O goberno era a vez o maior e máis rápido crecemento no sector de empleo, chegando a cerca de 20.000 postos de traballo en 2004. Outros sectores importantes como o comercio minoritario contan con 16.000 empleos, ou educación cuns 13.200. A cidade acolle a Burlington Northern Santa Fe e grandes almacéns como Kohl's, Mattel, Pep Boys e Stater Bros.

O cerre da Base Aérea de Norton en 1994 causou unha perda de 10.000 postos de traballos altamente cualificados. A taxa de desempleo da rexión aumentou máis dun 12 por cento durante os anos inmediatamente posteriores ao cerre desta base. Este descenso significativo veuse compensada polo crecemento máis recente na industria loxística intermodal.

Primeiro restaurante de McDonald's.

Arte e cultura[editar | editar a fonte]

Museos[editar | editar a fonte]

O Robert V.Fullerton Museum of Art, situado no campus da Universidade Estatal de California conta cunha gran colección de antigüidades exipcias. Outras coleccións permanentes importantes son pezas da arte funeraria da antiga China. Ademais da ampla pantalla de antigüidades, o museo tamén conta con arte contemporánea e diversas exposicións.

O Museo do Condado de San Bernardino da historia rexional ten exhibicións relacionadas coa cidade e o museo da Ruta 66 está situado no histórico e orixinal restaurante de McDonald's, o primeiro desta cadea fundada polos irmáns Richard e Maurice McDonald o 15 de maio de 1940. Tamén hai museos especializados como o Inland Empire Military Museum, o American Sports Museum ou o WBC Legends of Boxing Museum.

Artes escénicas[editar | editar a fonte]

Dende 1928 o Teatro de California de Artes Escénicas alberga unha serie de eventos, incluíndo concertos da Sinfonía de San Bernardino, ou producións teatrais de Broadway. O Glen Helen Pavilion é o anfiteatro máis grande de Estados Unidos. Recentemente o histórico Teatro Fox de San Bernardino, localizado no distrito Oowntown, xunto a Universidade de Deportes de América, foron restauradas para novos usos.

Educación[editar | editar a fonte]

San Bernardino está servido principalmente polo San Bernardino City Unified School District, o oitavo maior distrito do estado.

Universidades[editar | editar a fonte]

  • California State University, San Bernardino
  • San Bernardino Valley College
  • National University (California)|National University, San Bernardino
  • ITT Technical Institute
  • The Art Institute of California - Inland Empire
  • Argosy University-Inland Empire
  • Everest College
  • American Sports University
  • Inland Empire Job Corps Center
  • UEI College

High schools[editar | editar a fonte]

O distrito tamén conta con escolas primarias e secundarias:

  • Aquinas High School (San Bernardino, California)
  • Arroyo Valley High School
  • Cajon High School
  • San Andreas High School
  • San Bernardino High School
  • Pacific High School (San Bernardino)
  • Public Safety Academy Charter High School
  • Middle College High School
  • San Gorgonio High School
  • Sierra High School
  • Casa Ramona Academy for Technology, Community and Education
  • Provisional Accelerated Learning Charter Academy
  • Rim of the World High School

Resortes e turismo[editar | editar a fonte]

San Bernardino é fogar da histórica Arrowhead Springs Hotel and Spa, que abarca 7'75 quilómetros, está debaixo do monumento xeolóxico Arrowhead. Contén unha das mellores augas termais no mundo, ademais de minerais e baños de vapor situados en profundas covas subterráneas. Tamén atópase o Casino de San Manuel, un dos poucos no sur de California que non funciona como hotel, e está situado aproximadamente a unha milla de Arrowhead Springs Hotel and Spa.

Deportes[editar | editar a fonte]

California State University, San Bernardino Coyotes competen na NCAA División II. En 2007, os Coyotes de baloncesto masculino compitiron na División II Final Four, en Springfiel, Massachusetts. E solo o San Bernardino Valley College xoga ao fútbol no nivel colexial.

San Bernardino tivo outros equipos profesionais e semi-profesionais ao largo dos anos, como o San Bernardino de Jazz (equipo profesional de vóleibol feminino).

Inland Empire 66ers[editar | editar a fonte]

A cidade acolle ao Inland Empire 66ers de San Bernardino, club de béisbol da Liga de California. Os 66ers xogan no Arrohead Credit Union Park no centro de San Bernardino.

Aeroportos[editar | editar a fonte]

O aeroporto Internacional de San Bernardino encóntrase dentro da cidade. Varios almacéns foron e seguen sendo construídos nas proximidades. A instalación, está dentro da xurisdición da Axencia de desenvolvmento do val interior. Hillwood, unha empresa dirixida por H. Ross Perot, Jr., é o principal promotor do proxecto, que se chama AllianceCalifornia. O aeroporto non ofrece actualmente servizo comercial de pasaxeiros. Con todo, a terminal de pasaxeiros do aeroporto foi remodelado, e vai tomar vos internacionais nalgún momento do ano 2013.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

San Bernardino ten once cidades irmandadas, designadas por Sister Cities International e a alcaldía da cidade de San Bernardino:

  • Flag of South Korea.svg Goyang
  • Flag of Israel.svg Herzliya
  • Flag of Nigeria.svg Ife|Ilé-Ifẹ
  • Flag of Rwanda.svg Kigali
  • Flag of Mexico.svg Mexicali
  • Flag of the Philippines.svg Roxas
  • Imperio do Xapón Tachikawa
  • Flag of New Zealand.svg Tauranga
  • Flag of Mexico.svg Villahermosa
  • Flag of the People's Republic of China.svg Yushu
  • Flag of Russia.svg Zavolzhye

Tachikawa é a relación de irmandade máis antiga e forte de todas de San Bernadino.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Censo de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]