San Amaro (cervexa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fábrica de Cervexa Artesá San Amaro é unha marca de cervexa da localidade pontevedresa de Redondela (Galiza). Trátase dunha cervexa elaborada artesanalmente en Flandres (Bélxica).

Historia[editar | editar a fonte]

Cervexa San Amaro é unha empresa galega que dende o 2005 elabora cervexas especiais, de alta fermentación e refermentadas na súa propia botella (onde collen o gas que forma a escuma e evolucionan co tempo). Trátase dunha cervexa non filtrada nin pasteurizada, e tampouco emprega ingredientes artificiais.

Atendendo á demanda crecente e debido a ser unha empresa familiar sen capacidade de asumir os custos que suporía ampliar a fábrica, no 2011 optou por traballar conxuntamente cunha microcervexaría de Flandres (Bélxica), desprazándose periodicamente alí para elaborala e posteriormente levala a Galiza. Se ben a empresa ten a intención de montar unha pequena planta en Galiza.

Tipos de cervexa[editar | editar a fonte]

A Fábrica de Cervexas San Amaro produce dúas variedades distintas de cervexa, ademais dunha especial que sae unicamente polo Nadal.

  • San Amaro Pale Ale: É unha cervexa da variedade pale ale de cor clara, elaborada con maltes tipo pale, e de alta fermentación, con lévedos de cepa ale. Experimenta unha segunda fermentación en botella e contén posos de lévedo. Ten notas frutais e aroma a malte, quedando o lúpulo nun perfil medio. Ten unha gradación alcohólica de 6,2 graos.
  • San Amaro Dark Ale: Esta cervexa negra da variedade dark ale de alta fermentación con lévedo de cepa ale, ten un carácter forte con intenso sabor a malte. Ten unha terceira fermentación en botella con posos de lévedo, e unha gradación alcohólica de 8,5 graos.
  • San Amaro Navidad: É unha cervexa especial belga que varía segundo a receita dos distintos anos. A cervexa lanzada no 2010 tiña un intenso sabor a malte e gustos caramelizados e tiña unha gradación alcohólica de 10 graos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]