San Martiño de Mondoñedo, Foz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Martiño de Mondoñedo
Igrexa de San Martiño de Mondoñedo
ConcelloFoz[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°33′40″N 7°18′34″O / 43.5611842, -7.30953984Coordenadas: 43°33′40″N 7°18′34″O / 43.5611842, -7.30953984
Área5 km²
Poboación609 hab. (2020)
Densidade121,8 hab./km²
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Mondoñedo é unha parroquia do concello de Foz na comarca da Mariña Central. Ten unha superficie de 5 km², e 19 entidades de poboación. Segundo o Instituto Galego de Estatística[2] en 2016 tiña 599 habitantes (296 homes e 303 mulleres), 63 menos ca en 2007 (326 homes e 336 mulleres) e 109 menos que en 1999.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Entrada principal da antiga Catedral

A basílica de San Martiño de Mondoñedo foi fundada polo bispo de Dume no século IX, ao se refuxiaren en Bretoña a nobreza e o clero por medo ao perigo musulmán. Destruída a capital de Bretoña polos normandos nas invasións de 966 - 971, o rei Afonso III estableceu en Mondoñedo a nova sé, da cal o primeiro bispo foi Sabarico. Mondoñedo foi capital até 1112 da terra dos bretoñeses.

Nas obras de restauración realizadas nesta basílica nos primeiros meses de 2008 puxéronse ao descuberto unhas pinturas murais, moi deterioradas, que foron catalogadas como os frescos románicos máis antigos de Galicia, datados no século XII [3]. Durante a Idade Media, estas pinturas foron cubertas por sucesivas capas de cal, práctica habitual no mantemento das igrexas da época.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Martiño de Mondoñedo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Martiño de Mondoñedo no concello de Foz (Lugo)

Caizal | O Caritel | O Carme | Os Carrís | A Ermida | Ferreira Vella | Forxán | Mourente | Oirín | Palmiz | Reiriz | Río | Trasmonte | Vao | Ver | Vilacendoi | Vilar | Vilela | Xinzo

Parroquias de Foz[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Foz

Cangas (San Pedro) | Cordido (San Xiao) | Fazouro (Santiago) | Foz (Santiago) | Nois (San Xiao) | San Martiño de Mondoñedo (San Martiño) | Santa Cilla do Valadouro (Santa Cilla) | Santo Acisclo do Valadouro (Santo Acisclo) | Vilaronte (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]