Saltar ao contido

Samuel Obeng

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSamuel Obeng

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de maio de 1997 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
rexión de Brong-Ahafo Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2017–2018 Girona FC B
2017–2018 cesión:  Associaciò Granollers Esportiva
2018–2019 CD Calahorra
2019–2020   Real Oviedo-Vetusta
2020–2023   Real Oviedo
2023– cesión:  Sociedad Deportiva Huesca

Samuel Obeng Gyabaa, nado en Nspaor (Rexión de Brong-Ahafo, Ghana) o 15 de maio de 1997, é un futbolista ghanés que xoga como dianteiro no Albacete Balompié, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Nsapor, rexión ghanesa de Brong-Ahafo, instalouse con dez anos no concello barcelonés de Gurb. Xogou ao fútbol no propio Gurb e máis tarde nas canteiras do Manlleu e do Getafe.[1]

Tras xogar no Girona B, o Granollers e o Calahorra, fichou en marzo de 2019 polo Oviedo Vetusta. O 18 de agosto de 2019 debutou co primeiro equipo do Oviedo na Segunda División, substituíndo a Edu Cortina nun partido ante o Deportivo da Coruña en Riazor.[2]

Militou no Oviedo ata xaneiro de 2023, cando foi cedido ao Huesca, xogando no club aragonés durante un ano e medio. Posteriormente pasou polas filas do Casa Pia, o Wydad Casablanca e o Ceuta, antes de ingresar no Albacete en xaneiro de 2026.[3]

  1. "Una estrella sin plaza fija" (en castelán). 2 de agosto de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2026.
  2. "Christian Santos rescata al Dépor" (en castelán). 18 de agosto de 2019. Consultado o 8 de febreiro de 2026.
  3. "Tú, Samu Obeng, conmigo" (en castelán). 13 de xaneiro de 2026. Consultado o 8 de febreiro de 2026.