Samuel Garman
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de xuño de 1843 condado de Indiana |
| Morte | 30 de setembro de 1927 Plymouth |
| Educación | Illinois State University (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Herpetoloxía |
| Ocupación | zoólogo, herpetólogo, ictiólogo, coleccionista científico |
| Empregador | Universidade Harvard |
| Obra | |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Garman |
| Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Garman, Samuel) |
Samuel Walton Garman, nado o 5 de xuño de 1843, finado o 30 de setembro de 1927, tamén ortografado "Garmann", como el mesmo ás veces gustaba escribir,[1] foi un naturalista e zoólogo estadounidense. É coñecido prinipalmente como ictiólogo e herpetólogo.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Garman naceu no Condado de Indiana, Pensilvania, o 5 de xuño de 1843. En 1868 uniuse á expedición ao Oeste Americano con John Wesley Powell. Graduouse na Universidade Normal do Estado de Illinois en 1870, e no ano seguinte era director da Escola Normal do Estado de Mississippi. En 1871, converteuse en profesor de ciencias naturais no Ferry Hall Seminary, Lake Forest, Illinois, e un ano despois foi un alumno especial de Louis Agassiz.[2] Foi amigo e correspondente regular do nauralista Edward Drinker Cope e en 1872 acompañouno nunha viaxe na busca de fósiles a Wyoming. En 1870 converteuse en axudante do director de herpetoloxía e ictioloxía do Museo de Zooloxía Comparativa de Harvard. O seu traballo centrábase principalmente na clasificación de peixes, especialmente tiburóns, pero tamén incluía réptiles e anfibios. O Harvard College concedeulle graos honoris causa polo seu traballo científico, B.S. en 1898 e A.M. en 1899.[1]
Mentres traballaba en Harvard, vivía en Arlington Heights, Massachusetts. En 1895, casou con Florence Armstrong de Saint John, Nova Brunswick, coa que tivo unha filla.
Taxons descritos por el
[editar | editar a fonte]Taxons nomeados no seu honor
[editar | editar a fonte]- Garman é lembrado no nome científico que se puxo a unha especie de lagarto xamaicano, Anolis garmani.[3]
- A raia Leucoraja garmani (Whitley, 1939) tamén foi nomeada no seu honor.[4]
- Diaphus garmani, é o "peixe lanterna de Garman", que se atopa en todo o mundo.[5]
- Hypostomus garmani é unha especie de siluro da familia Loricariidae nativo de América do Sur, onde vive na cunca do río San Francisco (Brasil).[6]
Publicacións seleccionadas
[editar | editar a fonte]- Garman, Samuel (1883). On the reptiles and Batrachians of North America. Kentucky Geological Survey. doi:10.5962/bhl.title.10754.
- Garman, Samuel (1887). On West Indian Iguanidae and on West Indian Scincidae. Bulletin of the Essex Institute 19. doi:10.5962/bhl.title.11968.
- Garman, Samuel (1890). The "Gila Monster". Bulletin of the Essex Institute 22. doi:10.5962/bhl.title.12632.
- Garman, Samuel (1892). The Discoboli. Cyclopteridæ, Liparopsidæ, and Liparididæ. Memoirs of the Museum of Comparative Zoology 14. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology at Harvard College. doi:10.5962/bhl.title.13817.
- Garman, Samuel (1895). The Cyprinodont. Memoirs of the Museum of Comparative Zoology 19. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology at Harvard College. doi:10.5962/bhl.title.48520.
- Garman, Samuel (1911). The Chismopnea (chimaeroids). Memoirs of the Museum of Comparative Zoology 40. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology at Harvard College. doi:10.5962/bhl.title.49087.
- Garman, Samuel (1913). The Plagiostomia (Sharks, skates, and rays). Memoirs of the Museum of Comparative Zoology 36. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology at Harvard College. doi:10.5962/bhl.title.43732.
- Garman, Samuel (1917). The Galapagos tortoises. Memoirs of the Museum of Comparative Zoology 30. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology at Harvard College. doi:10.5962/bhl.title.41524.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Adler, Kraig (1989). Contributions to the History of Herpetology. Society for the Study of Amphibians and Reptiles. p. 61. ISBN 978-0-916984-19-9.
- ↑ Unha ou máis das frases precedentes incorporan texto dunha publicación agora en dominio público: Wilson, J. G.; Fiske, J., eds. (1900). "Garman, Samuel". Appletons' Cyclopædia of American Biography. Nova York: D. Appleton.
- ↑ Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. p. 98. ISBN 978-1-4214-0135-5.
- ↑ Christopher Scharpf; Kenneth J. Lazara (24 de xullo de 2024). "Family RAJIDAE Blainville 1816 (Skates)". The ETYFish Project Fish Name Etymology Database. Christopher Scharpf and Kenneth J. Lazara. Consultado o 11 e agosto de 2024.
- ↑ Christopher Scharpf; Kenneth J. Lazara (22 de setembro de 2018). "Order MYCTOPHIFORMES (Lanternfishes)". The ETYFish Project Fish Name Etymology Database. Christopher Scharpf and Kenneth J. Lazara. Arquivado dende o orixinal o 1 de marzo de 2023. Consultado o 1 de marzo de 2023.
- ↑ Christopher Scharpf; Kenneth J. Lazara (22 de setembro de 2018). "Family LORICARIIDAE: Subfamily HYPOSTOMINAE Kner 1853 (Suckermouth Catfishes or Plecos)". The ETYFish Project Fish Name Etymology Database. Christopher Scharpf and Kenneth J. Lazara. Consultado o 10 de agosto de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Summers, Adam P.; Koob, Thomas J., eds. (1997). "A biographical sketch of Samuel Walton Garman". Plagiostomia – the Sharks, Skates and Rays (PDF). Los Angeles, California: Benthic Press. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2012. Consultado o 9 de marzo de 2012.
- Obras de ou sobre Samuel Garman en Internet Archive.