Samuel Gómez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Samuel Gómez González
Nacemento20 de xullo de 1913
 Baños de Molgas
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Samuel Gómez González, nado en Nocelo (Baños de Molgas) o 20 de xullo de 1913 e finado en Ourense nos anos 90, foi un profesor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre os anos 1915 a 1928 viviu en México, onde emigraran os seus pais, Antonio e Hermelinda. Máis tarde retornou a súa aldea, estudou o bacharelato en Ourense, e no ano 1933 matriculouse no primeiro Curso de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, e o ano seguinte marchou a Madrid para continuar a carreira. Profesor radicado en Madrid no último bienio da Segunda República. Algúns dos seus poemas apareceron en El Compostelano. Durante a Guerra civil dirixiu o periódico Galicia Libre (1937-1939), voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios e presidiu o I Congreso das Agrupaciones de Gallegos Libertarios na primavera de 1938. Ao rematar a guerra retornou a Galicia, completou os estudos de Dereito en Santiago de Compostela, onde montou unha Academia (Enseñanzas "Gelmirez"), e despois exerceu a avogacía en Ourense. Publicou varios libros de poesía e colaborou en revistas literarias.

Obras[editar | editar a fonte]

  • En las orillas del Miño, 1956.
  • Posío, 1956 (Premio de poesía "Galicia", 1955).
  • Saudades de Compostela, 1957.
  • Fe de vida. Poesías, 1977.
  • Mensaje de Paz, 1978.
  • Sonetos a Carballino.
  • Márgenes Atlanticas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]