Samu Fernández
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de marzo de 2007 Narón |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Deporte | fútbol |
| Posición de xogo | Defensa central |
Samuel Fernández Leonardo, nado en Narón o 17 de marzo de 2007, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Fabril, da Segunda Federación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no barrio da Gándara en Narón o 17 de marzo de 2007, no seo dunha familia moi vencellada ao deporte, sendo un dos cinco fillos de Mario Fernández e Mónica Leonardo.[1][2][3] Comezou a xogar ao fútbol aos tres anos no Narón, no que xogaban tamén seus irmáns maiores Dani e Pablo.[2] Máis tarde foi xunto a Dani para o Galicia de Caranza e tras pasar tamén polo Parrulo de fútbol sala, recalou cos seus irmáns na canteira do Racing de Ferrol.[1]
En 2018, aos 11 anos, incorporouse á estrutura do Deportivo da Coruña, en idade alevín.[1] Nos seguintes anos foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club, alternando cesións no San Tirso, e converteuse nun dos defensas máis prometedores da canteira coruñesa.[4] Na tempada 2023/24, con 16 anos, debutou co equipo xuvenil na División de Honra, e axiña se asentou na titularidade ás ordes de Manuel Pablo. Na seguinte campaña estreouse co Fabril na Segunda Federación e recibiu as súas primeiras convocatorias co primeiro equipo.[4]
O 4 de decembro de 2025, despois de só 15 partidos co Fabril, debutou co Deportivo da Coruña na segunda rolda da Copa do Rei, ante o Sabadell na Nova Creu Alta. Saltou ao terreo de xogo como titular, formando no centro da defensa xunto ao belga Lucas Noubi.[5]
Selección española
[editar | editar a fonte]En decembro de 2025 foi convocado pola selección española sub-19, debutando como titular nun partido ante Australia no Xapón.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Miranda, Carlos (25 de agosto de 2025). "Samu, el central que blinda Abegondo". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2025.
- 1 2 Antelo, Iván (25 de marzo de 2025). "Así es Samu Fernández Leonardo, el modélico canterano del Deportivo: «Nunca le vi perder un duelo defensivo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2025.
- ↑ Abelenda Lado, Daniel (11 de decembro de 2025). "La semana de ensueño de Samu: «Juega como si llevase cinco años en el primer equipo»". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2025.
- 1 2 Pereira, Eder (10 de novembro de 2024). "Así es Samu Fernández: "Es contundente, rápido y ganador de duelos"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2025.
- ↑ "Samu: «Hicimos el partido largo y fue nuestro»". La Opinión A Coruña (en castelán). 4 de decembro de 2025. Consultado o 19 de decembro de 2025.
- ↑ Pereira, Eder (18 de decembro de 2025). "El deportivista Samu debuta como titular con España sub-19 en la victoria ante Australia (3-0)". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2026.