Saltar ao contido

Samsung Galaxy S21

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samsung Galaxy S21
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Sistema operativo
 Procesador
 Memoria
128 GB Editar o valor en Wikidata
 Tecnoloxía de pantalla
 Fonte de enerxía
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Fabricante
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
Samsung Galaxy S20 (2020 - ) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Samsung Galaxy S21 é un teléfono intelixente Android de gama alta. Foi presentado o 14 de xaneiro de 2021[1] e lanzouse con Android 11[2] e a interface OneUI 3[3] de Samsung o 29 de xaneiro do mesmo ano.[4]

Características

[editar | editar a fonte]

En canto ao hardware, o S21 ofrece 8 GB de RAM e está dispoñible en opcións de almacenamento de 128 GB e 256 GB.

Tamén posúe unha batería Li-Po de 4000 mAh e un sensor gran angular de 12 MP, un sensor teleobxectivo de 64 MP con zoom híbrido de 3 aumentos (zoom óptico de 1,1 aumentos) e un sensor ultra gran angular de 12 MP. A diferenza do seu predecesor, este ten 3 cámaras traseiras sen ese marco de vidro negro incrustado nas propias cámaras, xa que tamén son un pouco máis grandes e máis perceptibles a primeira vista. O Galaxy S21 inclúe un procesador Exynos 2100.[5]