Saltar ao contido

Samáridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Samaridae»)
Samáridos
Samaridae
David Starr Jordan 1889 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseActinopteri
OrdePleuronectiformes
FamiliaSamaridae Editar o valor en Wikidata
Jordan, 1889 Samaridae Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0417ffn Editar o valor en Wikidata
ITIS553234 Editar o valor en Wikidata
OTT206106 Editar o valor en Wikidata
CoLFX3 Editar o valor en Wikidata
EOL5171 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Samariscus longimanus.

A dos samáridos (Samaridae) é unha familia de peixes osteíctios da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos que abrangue pequenos peixes planos propios das augas da rexión Indo-Pacífica.

Antigamente foron clasificados como unha subfamilia da familia dos pleuronéctidos.

A familia comprende tan só tres xéneros, cun total de case 30 especies.

Características

[editar | editar a fonte]

Son peixes de pequeno tamaño, e só unhas poucas especies alcanzan os 15 cm de lonxitude.[1]

As súas principais características son:[2]

  • Como todos os peixes planos teñen o corpo moi aplanado lateralmente e asimétrico, con ambos os ollos nun lado do corpo, chamado ocular ou pigmantado, mentres que o outro lado é o clamado lado cego.
  • Nas especies desta familia o lado ocular é o dereito.
  • Os raios da aleta dorsal son moi alongados, e a miúdo son libres.
  • A orixe desta aleta está diante dos ollos.
    A liña lateral pode estar ben desenvolvida ou presentarse moi reducida.
  • As aletas pelvianas están ben desenvolvidas en ambos os lados do corpo, e son simétricas.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Os samáridos so endémicos das rexións tropicais e subtropicais das augas da rexión Indo-Pacífica. Viven xeralmente en augas profundas, sobre todo sobre fondos brandos do nivel circalitoral.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita por primeira vez polos ictiólogos estadounidenses David Starr Jordan e David Kopp Goss.[3]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense na familia os seguintes tres xéneros:[3][2][4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]