Sam Walton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sam Walton
SamWalton-1936.jpg
Nacemento29 de marzo de 1918
 Kingfisher
Falecemento5 de abril de 1992
 Little Rock
CausaMieloma múltiple
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónpresbiterianismo
Alma máterUniversidade do Missouri
Ocupaciónemprendedor, empresario e economista
CónxuxeHelen Walton
FillosS. Robson Walton, Jim Walton, John T. Walton e Alice Walton
IrmánsJames "Bud" Walton
PremiosMedalla Presidencial da Liberdade
editar datos en Wikidata ]

Samuel Moore Walton, nado en Kingfisher (Oklahoma) o 29 de marzo de 1918 e finado en Little Rock (Arcansas) o 5 de abril de 1992, foi un home de negocios e empresario estadounidense, coñecido por fundar as tendas Walmart e Sam's Club. Wal-Mart Stores Inc. creceu ata converterse na maior empresa do mundo por beneficios, ademais do maior empregador privado do mundo.[1] Nun momento da súa vida, foi a persoa máis rica dos Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tenda "WALTON’S 5 & 10" que Sam e súa esposa administraban en Bentoville

Na época de estudante, Samuel foi elixido como o rapaz mais versátil e converteuse en presidente do corpo de estudantes.[2] Formouse en economía no ano 1940. O seu socio e irmán menor James (alcumado "Bud") formouse na academia militar.

A primeira experiencia dos Waltons foi como empregados nunha tenda de Oklahoma, coñecida como DuPont. A primeira tenda dos Waltons foi unha franquía rede Ben-Franklin, na cidade de Newport en 1945.[3] Bud e súa esposa Audie asociáronse con Sam e a súa esposa Helen durante un ano, ata compraren a súa propia tenda. O matrimonio Walton transformou a tenda, que operaba con prexuízos nunha das maiores unidades da rede Ben Franklin en Arcansas. Vendo o éxito en 1949, o proprietario que alugaba o inmoble para os Waltons pediuna de volta.

Os Waltons mudáronse a Bentonville, unha pequena cidade na montaña Ozark. En 1951, o matrimonio pasou a administrar unha pequena tenda de variedades e de baixo volume, co nome Walton's 5 & 10. Entre 1951 e 1962, Sam percorreu varios outros tipos de negocios (concorrentes como K-Mart). O concepto da empresa K-Mart era simple: mercadorías de prezos baixos con calidade e con énfase no autoservizo. Isto levou a Sam a considerar un novo tipo de concepto: as tendas de descontos.

Entón, Sam e o seu irmán Bud, decidiran fundar o Wal-Mart en 1962, coa abertura da súa primeira tenda na cidade de Rogers, Arcansas, co nome de Wal-Mart Discount City.[4]

Dous anos despois da súa fundación, a rede xa contaba con 24 tendas e unha facturación de 12,6 millóns de dólares.

Falecemento[editar | editar a fonte]

Walton faleceu o 5 de abril de 1992 de mieloma múltiple, un tipo de cancro de ósos,[5] en Little Rock.[6] As novas do seu pasamento foron transmitidas por satélite a todas as 1960 tendas Walmart.[7] Nese momento, a compañía tiña 380 000 empregados.

Os seus restos están enterrados no cemiterio de Bentonville. Legou a propiedade de Walmart á súa esposa e os seus fillos: Rob Walton secedeu o seu pai como presidente de Walmart, e John Walton foi o director ata a súa morte en 2005 nun accidente aéreo.

Vida privada[editar | editar a fonte]

Walton casou con Helen Robson o 14 de febreiro de 1943.[3] Tiveron catro fillos: Samuel Robson (Rob) nado en 1944, John Thomas (1946–2005), James Carr (Jim) nado en 1948, e Alice Louise nada en 1949.[8] Walton apoiou varias causas de caridade. Helen e mais el eran activos na Primeira Igrexa Presbiteriana de Bentonville;[9] Sam serviu como presbítero e profesor da escola dominical, dando clases a estudantes de instituto.[10] A familia fixo importantes contribucións á congregación.

Legado[editar | editar a fonte]

En 1998, Walton foi incluído pola revista Time na lista das 100 persoas máis influentes do século XX.[11] Walton foi recoñecido polo seu traballo na venda polo miúdo en marzo de 1992, un mes antes da súa morte, cando recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade por parte do presidente George H. W. Bush.[7]

Forbes considerou a Sam Walton a persoa máis rica dos Estados Unidos entre 1982 e 1988, en que cedeu o posto a John Kluge cando os editores comezaron a considerar a fortuna de Walton repartida entre el e os seus catro fillos.[12]

Na Universidade de Arcansas, a Escola de Negocios (Sam M. Walton College of Business) recibe o seu nome. Walton foi incluído no Junior Achievement U.S. Business Hall of Fame en 1992.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sam Walton Biography". 7infi.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  2. "Sam Walton". Encyclopædia Britannica (Encyclopædia Britannica Inc). 2012. Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 Daniel, Gross; Forbes Magazine Staff (agosto de 1997). Greatest Business Stories of All Time (First ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. p. 269. ISBN 0-471-19653-3. 
  4. Daniel, Gross; Forbes Magazine Staff (agosto de 1997). Greatest Business Stories of All Time (First ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. p. 272. ISBN 0-471-19653-3. 
  5. Walton, Samuel. Sam Walton: Made in America. Bantam Books. p. 329. ISBN 0-553-56283-5. 
  6. Ortega, Bob. "In Sam We Trust: The Untold Story of Sam Walton and How Wal-Mart Is Devouring America". The New York Times. Consultado o 7 de febreiro de 2007. 
  7. 7,0 7,1 Daniel, Gross; Forbes Magazine Staff (agosto de 1997). Greatest Business Stories of All Time (First ed.). New York: John Wiley & Sons, Inc. p. 283. ISBN 0-471-19653-3. 
  8. Tedlow, Richard S. (23 de xullo de 2001). "Sam Walton: Great From the Start". Working Knowledge (Harvard Business School). Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  9. "Presbyterian obit on Wal-Mart founder's widow" (en inglés). 
  10. Robert Frank (25 de xullo de 2009). "Nickel and Dimed". The New York Times. 
  11. "Time 100 Builders & Titans: Sam Walton". Time Magazine. 7 de decembro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2000. Consultado o 31 de marzo de 2012.  en Wayback Machine
  12. O'Connor, Clare (9 de setembro de 2010). "Billionaire John Kluge Dies At 96". Forbes. 
  13. Patty de Llosa and Jessica Skelly von Brachel (23 de marzo de 1992). "The National Business Hall of Fame". Fortune (Peter Nulty Reporter Associates). Consultado o 25 de maio de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]