Sam Simon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sam Simon
Sam Simon.jpg
Nacemento6 de xuño de 1955
 Os Ánxeles
Falecemento8 de marzo de 2015
 Pacific Palisades
CausaCancro colorrectal
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Stanford
Ocupaciónxogador de póker, escritor, deportista, guionista, actor, produtor de cine e animador
CónxuxeJennifer Tilly e Jami Ferrell
PremiosPremios Emmy
editar datos en Wikidata ]

Sam Simon, nado nos Ánxeles (California) o 6 de xuño de 1955 e finado en Pacific Palisades o 8 de marzo de 2015, foi un produtor de televisión e escritor estadounidense, coñecido por realizar xunto a Matt Groening e James L. Brooks a serie de debuxos animados The Simpsons.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou en series como Cheers ou Taxi. Tamén foi representante dun boxeador de peso pesado, Lamon Brewster, e competiu en diversas edicións das World Series of Poker, finalizando no posto 20 no ano 2009.

No ano 2012 detectóuselle un cancro de colon terminal, polo que decidiu doar o seu patrimonio de 100 millóns de dólares a obras de beneficencia. Morreu o 8 de marzo de 2015 a causa desa enfermidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]