Sam Altman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Samuel H. Altman 22 de abril de 1985 (39 anos) Chicago, Estados Unidos de América |
Residencia | San Francisco |
Educación | Universidade Stanford - ciencias da computación John Burroughs School (en) |
Actividade | |
Ocupación | CEO OpenAI 2016-17/11/2023-actualidade |
Período de actividade | 2005 - |
Empregador | OpenAI, director executivo (2018–) Loopt (en) Reddit Inc. Y Combinator |
Participou en | |
28 de xuño de 2023 | Unconfuse Me (en) |
26 de agosto de 2018 | Lex Fridman Podcast |
Premios | |
| |
Sitio web | blog.samaltman.com |
Samuel H. Altman, nado o 22 de abril de 1985 é un empresario, investidor, programador e blogueiro estadounidense.[1] Até o 11 de novembro de 2023 foi o CEO de OpenAI e volveu selo o 22 de novembro de 2023 e o antigo presidente de Y Combinator.[2] [3] Mira Murati, quen se uniu a OpenAI en 2018, asumiu como a CEO interina substituíndo a Altman após ser despedido por falta de confianza na súa capacidade de comunicarse co consello.
[4] Dous días despois, Emmett Shear, exCEO de Twitch, foi nomeado director executivo até que o 22 de novembro de 2023 se anunciou a volta de Altman a OpenAI como CEO.[5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e educación
[editar | editar a fonte]Altman creceu en St. Louis, Missouri; a súa nai é dermatóloga. Recibiu o seu primeiro ordenador aos 8 anos.[6] Foi criado como xudeu. Asistiu á escola secundaria John Burroughs e estudou informática na Universidade Stanford até que abandonou os estudos en 2005.[7] En 2017, recibiu un título honoris causa da Universidade de Waterloo.[8]
Carreira
[editar | editar a fonte]Loopt
[editar | editar a fonte]En 2005, aos 19 anos,[9] Altman cofundou e converteuse en CEO de Loopt,[10] unha aplicación móbil de redes sociais baseada na localización. Despois de recadar máis de 30 millóns de dólares en capital risco, Loopt foi pechado en 2012 tras non conseguir suficientes usuarios. Finalmente, foi adquirido pola Green Dot Corporation por 43,4 millóns de dólares.[11] [12]
Y Combinator
[editar | editar a fonte]Altman comezou como socio a tempo parcial en Y Combinator en 2011.[13] En febreiro de 2014, Altman foi nomeado presidente de Y Combinator polo seu cofundador Paul Graham. O seu primeiro lote de investimentos incluíu Loopt. Nunha publicación do blog de 2014, Altman dixo que a valoración total das empresas de Y Combinator superara os 65.000 millóns de dólares, incluíndo empresas coñecidas como Airbnb, Dropbox, Zenefits e Stripe. En setembro de 2016, Altman anunciou que se convertería en presidente de YC Group, que incluía Y Combinator e outras unidades.[14]
Altman dixo que esperaba expandir Y Combinator para financiar 1.000 novas empresas ao ano. Tamén intentou ampliar os tipos de empresas financiadas por YC, especialmente as de "tecnoloxía dura".[15]
En outubro de 2015, Altman anunciou YC Continuity, un fondo de capital de 700 millóns de dólares en fase de crecemento que inviste en empresas de YC. [16] Tamén en outubro de 2015, Altman anunciou Y Combinator Research, un laboratorio de investigación sen ánimo de lucro, e doou 10 millóns de dólares ao grupo.[17] YC Research anunciou ata agora investigacións sobre a renda básica, o futuro da informática, a educación e a construción de novas cidades.[18]
Altman foi nomeado o principal investidor menor de 30 anos por Forbes en 2015,[19] un dos "Mellores mozos emprendedores en tecnoloxía" por BusinessWeek en 2008[20] e catalogado como un dos cinco fundadores de startups máis interesantes entre 1979 e 2009 polo seu co colega Paul Graham.[21]
En marzo de 2019, YC anunciou a transición de Altman a un cargo de presidente para centrarse máis en OpenAI.[22] Esta decisión produciuse pouco despois de que YC anunciase que trasladaría a súa sede a San Francisco.[23] A principios de 2020, xa non está afiliado a YC.
Anxo investidor (Angel investing)
[editar | editar a fonte]É investidor de moitas empresas, incluíndo Airbnb, Change.org, Stripe, Reddit, Asana, Pinterest, Teespring, Zenefits, Shoptiques, Instacart, Optimizely, Verbling, Kami[24] [25] etc.
Foi o CEO de Reddit durante oito días en 2014 despois de que o CEO Yishan Wong dimitise.[26] Anunciou o regreso de Steve Huffman como CEO o 10 de xullo de 2015.[27]
Enerxía nuclear
[editar | editar a fonte]É presidente do consello de administración de Helion Energy e Oklo, dúas empresas de enerxía nuclear. Dixo que esa enerxía é unha das áreas máis importantes do desenvolvemento tecnolóxico.[28]
OpenAI
[editar | editar a fonte]Altman é o CEO de OpenAI. OpenAI é unha empresa de investigación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é avanzar na intelixencia dixital dun xeito que sexa máis probable que beneficie á humanidade no seu conxunto, en lugar de causar dano.[29] A organización foi financiada inicialmente por Altman, Brockman, Elon Musk, Jessica Livingston, Peter Thiel, Amazon Web Services, Infosys e YC Research. En total, cando a compañía se lanzou en 2015, recaudaran 1.000 millóns de dólares de financiadores externos.[30]
Worldcoin
[editar | editar a fonte]Altman cofundou Worldcoin en 2020. Worldcoin ten como obxectivo dar o seu novo diñeiro dixital a todos os humanos da Terra de forma gratuíta mediante o recoñecemento biométrico do iris que preserva a privacidade para garantir que os seus usuarios non reclamen a súa parte gratuíta máis dunha vez.[31] Worldcoin puxo en pausa o seu traballo en varios países despois de que os contratistas locais abandonasen, ou as regulacións imposibilitaran facer ese negocio.[32]
Filantropía
[editar | editar a fonte]Durante a pandemia de COVID-19, Altman axudou a financiar e crear o proxecto Covalence que tiña como obxectivo axudar aos investigadores a lanzar rapidamente ensaios clínicos en colaboración con TrialSpark, unha startup de ensaios clínicos.[33] [34]
Política
[editar | editar a fonte]En 2019, Altman realizou unha recadación de fondos na súa casa de San Francisco para o candidato presidencial demócrata Andrew Yang.[35]
En maio de 2020, Altman doou 250.000 dólares a American Bridge 21st century, un Super-PAC que apoiaba ao candidato presidencial demócrata Joe Biden.[36] [37]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Altman é vexetariano desde a infancia.[38] [39] Recoñeceu publicamente ser homosexual e en 2021 foi acusado pola súa irmá de abuso sexual por terse metido sen permiso na súa cama cando tiña el 13 anos e ela 4.[40]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sam Altman, blog". SamAltman.com. Consultado o 2023-01-06.
- ↑ "Sam Altman for president". blog.ycombinator.com.
- ↑ "introducing OpenAI". openai.com/blog.
- ↑ "OpenAI announces leadership transition". openai.com (en inglés). Consultado o 2023-11-17.
- ↑ Heath, Alex (2023-11-22). "Sam Altman to return as CEO of OpenAI". The Verge (en inglés). Consultado o 2023-11-22.
- ↑ "How Venture Capitalists Find Opportunities in the Future". Esquire (en inglés). 2014-12-18. Consultado o 2023-01-06.
- ↑ "People". Ycombinator.com.
- ↑ "Spring 2017, honorary and award recipients". uwaterloo.ca (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 06 de xaneiro de 2023.
- ↑ Ankeny, Jason (2015-04-25). "Meet Y Combinator's Bold Whiz Kid Boss". Entrepreneur (en inglés). Consultado o 2023-01-06.
- ↑ "Executives". loopt.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2012. Consultado o 06 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Startup Loopt lands with Green-Dot" (en inglés).
- ↑ "Customer love is all you need". Masters of Scale (en inglés). Consultado o 2023-01-06.
- ↑ Clark, Kate (2019-03-08). "Y Combinator president Sam Altman is stepping down amid a series of changes at the accelerator". TechCrunch (en inglés). Consultado o 2023-01-06.
- ↑ "YC-changes". YCombinator.com ; Blog (en inglés).
- ↑ "fastcompany.com; the-y-combinator-chronicles; California dreamin" (en inglés).
- ↑ "Y Combinator raises $700M to keep funding YC startups as they mature". VentureBeat (en inglés). 2015-10-15. Consultado o 2023-01-06.
- ↑ "YC-Research" (en inglés).
- ↑ "YC Research". YCR.org (en inglés).
- ↑ "30-under-30". www.forbes.com (en inglés). Consultado o 2023-01-06.
- ↑ "Source" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28/04/2009.
- ↑ "Five Founders". www.paulgraham.com. Consultado o 2023-01-06.
- ↑ "Did Sam Altman make YC better or worse?". Social.TechCrunch.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 06 de xaneiro de 2023.
- ↑ Clark, Kate (2019-03-08). "Y Combinator president Sam Altman is stepping down amid a series of changes at the accelerator". TechCrunch (en inglés). Consultado o 2023-01-06.
- ↑ "Syndicate". Angel List; angel.co.
- ↑ "How Notable PDF built an annotation tool for PDFs on the web". finance.yahoo.com (en inglés). Consultado o 2023-01-06.
- ↑ "A new team at reddit". Sam Altman. Consultado o 2023-01-06.
- ↑ "3cucye". www.reddit.com (en inglés).
- ↑ "Energy". SamAltman.com; Blog.
- ↑ "introducing OpenAI". OpenAI.com.
- ↑ "Non-profit OpenAI launches with backing from Elon Musk and Sam Altman". TechCrunch (en inglés).
- ↑ "Worldcoin-wants-to-give-cryptocurrency-to-every-human-on-earth". Forbes www.forbes.com (en inglés).
- ↑ "Worldcoin-the-eyeball-scanning-crypto-unicorn-hits-signup-snags". Bloomberg News.
- ↑ "Tech-investor-covid-trials/". STAT; StatNews.com (en inglés).
- ↑ "Project Covalence". SamAltman.com; Blog.
- ↑ Russell, Melia. "Andrew Yang preached his tech-friendly gospel at Sam Altman's San Francisco house: You can't treat tech like oil companies and breaking up Amazon won't bring malls back". Business Insider (en inglés). Consultado o 2023-01-06.
- ↑ Tindera, Michela. "Silicon Valley’s Sam Altman Gave $250,000 To Democratic Super-PAC Supporting Biden". Forbes (en inglés). Consultado o 2023-01-06.
- ↑ "REPORT OF RECEIPTS AND DISBURSEMENTS" (PDF). docquery.fec.gov (en inglés).
- ↑ "Productivity". Sam Altman (en inglés).
- ↑ "Fireside chat with Sam Altman". Rescale (en inglés).
- ↑ Jusino, Teresa (2023-11-17). "Annie Altman Abuse Allegations Against Sam Altman, Explained". The Mary Sue (en inglés). Consultado o 2023-11-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sam Altman |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blogue de Altman (de 2010 até a data)