Samáridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Samáridos
Samaridae
Samariscus corallinus
Samariscus corallinus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Samaridae
Jordan & Goss, 1889 [1]
Xéneros
  • Véxase o texto
Samariscus longimanus.

A dos samáridos (Samaridae) é unha familia de peixes osteíctios da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos que compende pequenos peixes planos propios das augas da rexión Indo-Pacífica.

Antigamente foron clasificados como unha subfamilia da familia dos pleuronéctidos.

A familia comprende tan só tres xéneros, cun total de case 30 especies.

Características[editar | editar a fonte]

Son peixes de pequeno tamaño, e só unhas poucas especies alcanzan os 15 cm de lonxitude.[2]

As súas principais características son:[3]

  • Como todos os peixes planos teñen o corpo moi aplanado lateralmente e asimétrico, con ambos os ollos nun lado do corpo, chamado ocular ou pigmantado, mentres que o outro lado é o clamado lado cego.
  • Nas especies desta familia o lado ocular é o dereito.
  • Os raios da aleta dorsal son moi alongados, e a miúdo son libres.
  • A orixe desta aleta está diante dos ollos.
    A liña lateral pode estar ben desenvolvida ou presentarse moi reducida.
  • As aletas pelvianas están ben desenvolvidas en ambos os lados do corpo, e son simétricas.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Os samáridos so endémicos das rexións tropicais e subtropicais das augas da rexión Indo-Pacífica. Viven xeralmente en augas profundas, sobre todo sobre fondos brandos do nivel circalitoral.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita por primeira vez polos ictiólogos estadounidenses David Starr Jordan e David Kopp Goss.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense na familia os seguintes tres xéneros:[1][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]