Salyut 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salyut 4 / DOS-4
Salyut-4 diagram.gif
Diagrama da Salyut 4.
Tipo Científico / tecnolóxico / tripulado
Contratistas principais TsKBEM
Data de lanzamento 26 de decembro de 1974, 4:15 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Proton K[2][5]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Baikonur, rampla 81/23[2][6]
Obxectivo da misión Comprobación dos sistemas e elementos da estación espacial, estudo do efecto no corpo humano de estancias prolongadas no espazo, observacións astronómicas en raios X.[2][6]
Decaemento 2 de decembro de 1977[1]
NSSDC ID 1974-104A
Masa 18.500 kg[5]

Salyut 4, tamén coñecida como DOS-4, foi a cuarta estación espacial da Historia e a segunda exitosa de tipo DOS despois da Salyut 1. A segunda e terceira foron as Salyut 2 e Salyut 3, ambas estacións militares de tipo Almaz. Foi lanzada o 26 de decembro de 1974 pola extinta Unión Soviética mediante un foguete Proton K desde o cosmódromo de Baikonur.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Salyut 4 foi a segunda estación espacial de tipo DOS (acrónimo en ruso de Dolgovremennaya Orbitalnaya Stanziya, estación espacial duradeira), derivada das estacións militares do proxecto Almaz, e a primeira da segunda fase de dito tipo. Entre a Salyut 1 e a Salyut 4 intentaron lanzarse outras dúas estacións DOS, a segunda das cales quedou destruída durante un fallo no lanzamento e a terceira chegou a órbita (pasándose a denominar Kosmos 557) para reentrar na atmosfera despois de perder o control e antes de ser visitada por unha tripulación. A masa de Salyut 4 no momento do lanzamento era de 18.500 kg.[2][5][6]

A estación levaba dúas toneladas de equipamento científico a bordo. A enerxía era proporcionada por tres paneis solares rotatorios. Entre a instrumentación científica atopábase:[2][5][6]

A estación foi inxectada nunha órbita inicial de 270 km de apoxeo, 219 km de perixeo e 51,6 graos de inclinación orbital. Reentrou na atmosfera terrestre o 2 de febreiro de 1977.[2][5][6]

Resultados científicos[editar | editar a fonte]

Entre outras observacións, desde Salyut 4 estudiouse as fontes de raios X Sco X-1, Cir X-1, Cyg X-1 e A0620-00, detectándose un fluxo de baixa enerxía (no rango entre 0,6 e 0,9 keV) altamente variable en Sco X-1.[2][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SALYUT 4" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (9 de marzo de 2017). "Salyut 4" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  3. "Letter dated 27 January 1975 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (75-02693): 3. 3 de febreiro de 1975. Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Salyut 4" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Salyut (3), 4 / DOS 3, 4" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2017). "Salyut 4" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]