Salvethymus svetovidovi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Salvethymus»)

Salvethymus svetovidovi
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Salmoninae
Xénero: Salvethymus svetovidovi
Chereshnev & Skopets, 1990
Especie: Salvethymus svetovidovi
Chereshnev & Skopets, 1990

Salvethymus svetovidovi é unha especie de peixe osteíctio da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos salmoninos, o único representante do xénero Salvethymus.[2][3][4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Tanto o xénero como a súa única especie foron descritos en 1990 polos ictiólogos rusos Igor Aleksándrovich Chereshnev e Mikhail Borísovich Skopets, no seu traballo:

Chereshnev, I. A. & Skopets, M. B. (1990): "Salvethymus svetovidovi gen. et sp. nova - a new endemic fish of the subfamily Salmoninae from Lake El'gygytgyn (Central Chukotka)". Voprosy Ikhtiologii 30 (2): 201–213.

e lle dedicaron a especie ao tamén ictiólogo ruso Anatolii Nicoláevich Svetovidov (1903-1985).

Distribución[editar | editar a fonte]

É unhas especie endémica do lago Elgygytgyn, no ókrug de Chukotka, no Extremo Oriente ruso.[1][5]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Salvethymus svetovidovi é unha especie de salmonino morfoloxicamente aberrante. Cando se describiu cientificamente por primeira vez, en 1990, clasificouse como a única especie do xémero Salvethymus, un novo xénero monotípico.[6]

Está estreitamente relacionado coas especies do xénero Salvelinus e sitúase filoxeneticamente dentro deste xénero, e proballemente sexa unha liñase irmá do complexo Salvelinus alpinus.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Kottelat, M. (1996): Salvethymus svetovidovi na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 28 de marzo de 2022.
  2. Salvethymus svetovidovi Chereshnev & Skopets, 1990 no WoRMS. Consultado o 28de marzo de 2022.
  3. Salvethymus svetovidovi Chereshnev & Skopets, 1990 no GBIF. Consultado o 28 de marzo de 2022.
  4. Salvethymus svetovidovi Chereshnev & Skopets, 1990 na BioLib. Consultada o 28 de marzo de 2022.
  5. Froese & Pauly 2012.
  6. 6,0 6,1 Osinov et al. 2015, pp. 63–85.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2012): Salvethymus svetovidovi Chereshnev & Skopets, 1990 en FishBase.
  • Osinov, A. G., Senchukova, A. L., Mugue, N. S., Pavlov, S. D. & Chereshnev, I. A. (2015): "Speciation and genetic divergence of three species of charr from ancient Lake El’gygytgyn (Chukotka) and their phylogenetic relationships with other representatives of the genus Salvelinus. Biological Journal of the Linnean Society 116 (1): 63–85.
  • Reshetnikov, Y. S.; N. G. Bogutskaya, E. D., Vasil'eva, E. A., Dorofeeva, A. M., Naseka, O. A., Popova, K. A. Savvaitova, V. G., Sideleva, V. G & L. I. Sokolov (1997): "An annotated check-list of the freshwater fishes of Russia". J. Ichthyol. 37 (9): 687-736.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]