Salvatore Schillaci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salvatore Schillaci
Salvatore Schillaci.jpg
Nacemento1 de decembro de 1964
 Palermo
NacionalidadeItalia
Ocupaciónfutbolista e actor
PremiosWorld Cup Golden Ball e Cavaleiro da Ordem do Mérito da República Italiana
editar datos en Wikidata ]
Totó e Diego

Salvatore Schillaci, nado en Palermo o 1 de decembro de 1964, é un exfutbolista siciliano, coñecido como "Totó" Schillaci.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No 1983 empezou xogando para o Messina FC, club que daquela alternaba as series B e C (2ª e 3ª categorías italianas). Xogou seis anos no club siciliano, ata que foi contratado pola Juventus de Turín. Destacou como especialista goleador e no club turinés gañou unha Copa de Italia e unha Copa da UEFA. En 1992 ficha polo Inter de Milán e tras unha temporada mediocre continuou a súa carreira no Júbilo Iwata da Liga xaponesa. Retirouse neste mesmo club aos 35 anos no 1999.

O seu fútbol[editar | editar a fonte]

Foi un 9 puro, un dianteiro centro presionante, oportunista, sen grandes capacidades técnicas, pero si físicas e, sobre todo, cunha gran capacidade goleadora. O seu gran momento foi a Copa do Mundo de Italia 90, da que foi o seu máximo goleador.