Salvador Rey Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salvador Rey Rodríguez
Nacementoséculo XX
Lugar de nacementoOurense
Falecemento1 de abril de 1995
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Salvador Rey Rodríguez, nado en Ourense e finado na mesma cidade o 1 de abril de 1995,[1] foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a República foi militante das Mocedades Galeguistas. Foi fundador[Cómpre referencia] da Editorial Galaxia en 1950 e do Partido Socialista Galego (1963). Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do PSG ao Congreso pola provincia de Ourense. Foi director provincial do Insalud. Morreu en Orense aos 67 anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Mercedes Suárez Mallón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 3-4-1995, p. 73.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rey Rodríguez, Salvador na GEG