Salvador Quishpe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSalvador Quishpe

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1971 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Zamora, Ecuador Editar o valor em Wikidata
National Assembly Deputy (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Menonita Oriental (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , sociólogo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPachakutik Editar o valor em Wikidata

Salvador Quishpe Lozano, nado en Zamora, 15 de marzo de 1971, é un político ecuatoriano, militante de Pachakutik que foi prefecto de Zamora Chinchipe; durante a súa xestión converteuse nunha figura do movemento indíxena pola súa forte oposición ás políticas da presidencia de Rafael Correa, chegando a ser precandidato do seu partido para as eleccións presidenciais de 2017.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 15 de marzo de 1971 no sector de Piuntza da parroquia Guadalupe, cantón Zamora, provincia de Zamora Chinchipe. Os seus pais son Manuel Asunción Quishpe e María Francisca Lozano Gualán, ambos de orixe saraguro.

É militante do Movemento de Unidade Plurinacional Pachakutik. Desempeñou diversos cargos como dirixente da Federación de Saraguros de Zamora Chinchipe. Foi presidente da Ecuarunari, asesor do Consello Provincial de Cotopaxi, dirixente da coordinación política da CONAIE. Representou á provincia de Zamora Chinchipe en dúas ocasións como deputado no ano 2003 e 2007. Durante ese tempo foi acusado de nepotismo e peculado, tendo 19 procesos xudiciais na súa contra.

Entre 2009 e 2019 ocupou o cargo de prefecto de Zamora Chinchipe,[2] durante a súa dministración sostivo unha posición crítica ao goberno de Rafael Correa, formando e dirixindo protestas contra o réxime, nas que se inclúe a marcha indíxena cara a Quito contra a minería do 2012.

En 2021 encabezou a lista de asembleístas nacionais do Movemento de Unidade Plurinacional Pachakutik, resultando elixido nas eleccións lexislativas do 7 de febreiro de 2021, volvendo ocupar un escano despois de 14 anos do seu paso polo antigo Congreso Nacional.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]