Salvador (futbolista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salvador (futbolista)
Información persoal
Nacemento valor descoñecido
editar datos en Wikidata ]

Salvador foi un futbolista galego de comezos do século XX que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xa militaba no Real Club Fortuna de Vigo antes da fusión deste co Real Vigo Sporting Club en agosto de 1923 para dar lugar ao nacemento do Celta de Vigo, pasando a formar parte do extenso equipo de máis de sesenta xogadores deste. A causa da gran competencia na dianteira de xogadores como Polo, Chicha ou Casal nunca tería moitas oportunidades no equipo celtista por parte do adestrador Francis Cuggy

Finalmente deixou o club en 1925 despois de gañar dúas veces o Campionato galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]