Salva Kiir Mayardit
Salva Kiir Mayardit | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de setembro de 1951 |
Lugar de nacemento | Bahr el Ghazal |
Nacionalidade | Sudán do Sur e Sudán |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | político e militar |
Cónxuxe | Mary Ayen Mayardit |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Salva Kiir Mayardit,[1][2] nado en Bahr al-Ghazal o 13 de setembro de 1951, é un político sursudanés, membro da etnia dinka e presidente de Sudán do Sur desde o 30 de xuño de 2005.[3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Membro fundador do Exército Popular de Liberación de Sudán (SPLA), foi elixido polos dirixentes do SPLA para continuar co proceso de paz que formalmente puxo fin á segunda guerra civil sudanesa en xaneiro de 2005. Do mesmo xeito que Garang, provén da tribo dinka, a máis numerosa no sur de Sudán, mais pertencente a un clan diferente.
Na década de 1960, Kiir uniuse aos rebeldes do sur na primeira guerra civil sudanesa.
Presidente do Goberno Autónomo[editar | editar a fonte]
Tras a morte de John Garang a finais de xullo de 2005, substituíuno como vicepresidente de Sudán (11 de agosto de 2005) e presidente do goberno autónomo de Sudán do Sur (o cargo de vicepresidente pasou a Riak Machar).
Cando se abriu o consello lexislativo de Sudán do Sur en Juba (setembro 2005) estivo presente e en outubro anunciou a formación dun goberno. En novembro produciuse unha escisión no SPLM pola disputa da presidencia do parlamento entre Minni Arkou Minnawi (que foi elixido) e Abdelwahid Mohamed en-Nour, e Kiir logrou un compromiso entre as dúas faccións. En decembro de 2005 asinou a constitución de Sudán do Sur.
Presidente da República[editar | editar a fonte]
Kiir foi reelixido presidente co 93 % dos votos nas eleccións sudanesas de 2010.[3] Aínda que a votación tanto a nivel nacional como subnacional, foi criticada por activistas democráticos e observadores internacionais, a esmagadora marxe gañadora da reelección Kiir foi sinalada por algúns medios de comunicación como o "Primeiro Paso" no proceso de secesión de Sudán.[4] Despois da súa reelección, Omar al-Bashir reelixiu a Kiir como o seu vicepresidente de acordo coa constitución provisional.[5]
Tras o referendo sobre a independencia do Sudán do Sur de 2011, Kiir foi confirmado como o primeiro presidente do novo país.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Salva Kiir: South Sudan's president in a cowboy hat". BBC News (en inglés). 3 de xaneiro de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2022.
- ↑ "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 elEconomista.es (26 de abril de 2010). "Salva Kiir reeelecto presidente de Sudán del Sur - EcoDiario.es". ecodiario.eleconomista.es (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2022.
- ↑ Gettleman, Jeffrey (26 de abril de 2010). "Bashir Wins Election as Sudan Edges Toward Split". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 11 de decembro de 2022.
- ↑ "Fresh fighting between JEM rebels and Sudanese army in Darfur". Sudan Tribune (en inglés). 22 de xuño de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2022.[Ligazón morta]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía de Salva Kiir por CIDOB (en español).