Salteña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salteña

Unha salteña lista para comer.
Orixe Bolivia
Gastronomía Gastronomía de Bolivia
Ingredientes
Orixe animal Ovo
Polo
Orixe vexetal Trigo
Azucre
Oliva
Cebola
Pemento
Condimentos Comiño
Pemento
Perexil

A salteña é un tipo de empanadilla cocida orixinaria de Bolivia. Consúmese principalmente pola mañá e véndese en prazas, rúas e escolas a un prezo moi accesible. Elabóranse cunha masa doce rechea de carne, legumes, patacas e outros ingredientes xunto co caldo de cocción dos mesmos.

Historia[editar | editar a fonte]

A creación das salteñas tal é como as coñecemos hoxe en día atribúese a dona Juana Manuela Gorriti, orixinaria da provincia de Salta, Arxentina. Quen tivo que fuxir ao exilio coa súa familia durante a ditadura de Juan Manuel de Rosas. Deixou todas as súas posesións atrás e instalouse en Tarija, Bolivia. Durante moitos anos, a familia Gorriti estivo marcada pola pobreza extrema. A desesperación levou á familia a comezar a preparar unhas repostarías ás que chamaban “empanadas tranquilas”.[1]

En Tarija, Manuela era alcumada "A Salteña", pola súa cidade de orixe. Este nome transcendeu ás empanadas que elaboraba e que pouco a pouco gañaban popularidade na cidade, converténdose finalmente nunha tradición. Hoxe en día, este produto pódese atopar nun gran número de puntos de venda de toda Bolivia.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Salteña, empanada Boliviana con raíces Argentinas". gastroturismord.com. Consultado o 2023. 
  2. "La Boliviana FM - Las salteñas bolivianas en la lista de "La mejor comida callejera del mundo"". La Boliviana FM. 2013. Arquivado dende o orixinal o 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]