Sal Mineo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sal Mineo
Sal mineo Allan Warren.jpg
Nome completoSalvatore Mineo
Nacemento10 de xaneiro de 1939
 Nova York
Falecemento12 de febreiro de 1976
 West Hollywood
Causastab wound
SoterradoGate of Heaven Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónactor de cinema, cantante, actor de teatro e actor de televisión
editar datos en Wikidata ]

Salvatore Mineo Jr., nado no Bronx, Nova York, o 10 de xaneiro de 1939 e finado en West Hollywood, California, o 12 de febreiro de 1976, foi un actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sal Mineo e Gigi Perreau asinando autógrafos en 1956

Mineo naceu no Bronx, fillo Salvatore Mineo Sr. e Josephine Alvisi, que fabricaban ataúdes nos Estados Unidos.[1][2] Era de orixe siciliana; o seu pai nacera en Italia e a súa, de orixe italiana, naceu nos Estados Unidos.

Dende pequeno quixo ser actor, e sempre recibiu o apoio da súa nai, que o matriculou nunha escola de danza e teatro.[3] Moi pequeno, estreouse en Broadway nun papel en The Rose Tattoo,[4] con Maureen Stapleton e interpretando o mozo príncipe Yul Brynner no musical The King and I.[5] A partir de 1951, comezou a aparecer tamén na televisión antes de debutar no cinema en 1955, no filme Pevney Joseph Six Bridges to Cross, onde superou a Clint Eastwood para obter o papel.[6] O seu primeiro grande éxito chegou con Rebelde sen causa, filme protagonizado por James Dean, onde interpretou o mozo problemático John Plato Crawford.[4] Este desempeño resultou nunha candidatura ao Oscar ao mellor actor secundario (un dos candidatos máis novos[5]) e axiña aumentou a súa popularidade. O biógrafo Paul Jeffers contou que Mineo recibiu miles de cartas de mozas, foi assediado por elas en aparicións públicas e escribiu "namorou as mulleres máis bonitas de Hollywood e Nova York". Ao final dos anos 1950 o actor era unha celebridade, por veces referido como o "Switchblade Kid", un apelido que gañou polo seu papel como criminal no filme Crime in the Streets.[5]

Interpretou o batería Gene Krupa, no filme The Gene Krupa Story, dirixido por Don Weis e protagonizado tamén por Susan Kohner, Darren James e Oliver Susan. En 1960 participou en Exodus, como un emigrante xudeu, polo cal gañou un Globo de Ouro ao mellor actor secundario e recibiu a súa segunda candidatura ao Óscar ao mellor actor secundario.

Porén, co pasar dos anos non conseguía facer máis papeis de mozo rebelde, e os traballos fóronse tornando máis escasos. Xunto a iso, os rumores de homosexualidade roldaban a súa carreira, dificultando o seu traballo. Foi o modelo que o artista plástico Harold Stevenson usou para pintar The New Adam (1963), un nu tradicional da cultura estadounidense.[3][7]

En 1957, Mineo fixo unha breve incursión na música pop gravando unhas cancións e un álbum. Dous de seus sinxelos chegaron ao Top 40 nos Estados Unidos no Billboard Hot 100. O sinxelo máis popular, "Start Movin (In My Direction)", alcanzou a posición 9 na Billboard's pop.[3] Vendeu máis dun millón de copias e foi premiado cun disco de ouro.[8]

Morte[editar | editar a fonte]

A lápida de Sal Mineo no Cemiterio Porta do ceo en Nova York.

A noite do 12 de febreiro de 1976, o actor volveu á casa tras un ensaio da obra P.S. Your Cat Is Dead. Tras aparcar o seu coche no garaxe do seu apartamento de West Hollywood, foi apuñalado no corazón por un atracador que deseguido abandonou o lugar.[9][10] A policía investigou múltiples sospeitosos, mais asumiu que o crime foi o resultado dalgún tipo de "motivación homosexual". En marzo de 1979, Lionel Ray Williams foi sentenciado a 57 anos de cárcere por matar a Mineo e por cometer dez atracos na mesma zona. Aínda que existiu moita confusión sobre o que dixeron as testemuñas do que viran na escuridade desa noite, Williams afirmou que non tiña idea de quen era Mineo. Os oficiais posteriormente dixeron que escoitaron a Williams adminitindo o apuñalamento.[11] A esposa de Williams confirmou máis tarde que a noite en que morreu Mineo, o seu marido volvera á casa con sangue na súa camisa. Foi liberado a mediados da década de 1990.

Mineo foi enterrado no Gate of Heaven Cemetery en Hawthorne, Nova York.[12]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Mineo coñeceu a actriz inglesa Jill Haworth na rodaxe do filme Exodus en 1960, en que interpretaban unha parella de amantes. Mineo e Haworth mantiveron unha relación intermitente durante moitos anos e chegaron a prometerse en matrimonio. Segundo o biógrafo de Mineo Michael Gregg Michaud, Haworth cancelou o compromiso tras atopar a Mineo nun encontro sexual con outro home.[13] Os dous continuaron a ser amigos ata a morte de Mineo.[13][14] Mineo mostrouse descontento coa breve relación que mantivo Haworth co produtor televisivo Aaron Spelling, moito máis vello ca ela. Unha noite en que Mineo atopou a Haworth e Spelling nun club nocturno privado de Beverly Hills, golpeou a Spelling na cara, berrando "sabes cantos anos ten? que andas a facer con ela á túa idea?"[13] Mentres que algúns describiron a Haworth como nada máis que unha amiga e unha pantalla para ocultar as súas parellas homosexuais,[15] Michaud pon en dúbida esa afirmación; indica que a relación entre Mineo e Haworth era real, que Mineo se namorou de Haworth e que a considerou unha das persoas máis importantes da súa vida.[13]

Nunha entrevista en 1972 con Boze Hadleigh, Mineo falou sobre a súa bisexualidade.[16] No momento da súa morte, mantiña unha relación de seis anos co actor Courtney Burr III.[13][17]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe
1955 Six Bridges to Cross Jerry (boy)
1955 The Private War of Major Benson Cadet Col. Sylvester Dusik
1955 Rebelde sen causa John "Plato" Crawford
1956 Crime in the Streets Angelo "Baby" Gioia, a.k.a. Bambino
1956 Somebody Up There Likes Me Romolo
1956 Xigante Angel Obregón II
1956 Rock, Pretty Baby Angelo Barrato
1957 Dino Dino Minetta
1957 The Young Don't Cry Leslie "Les" Henderson
1958 Tonka White Bull
1959 A Private's Affair Luigi Maresi
1959 The Gene Krupa Story Gene Krupa
1960 Exodus Dov Landau
1962 Escape from Zahrain Ahmed
1962 The Longest Day Pvt. Martini
1964 O gran combate Red Shirt
1965 The Greatest Story Ever Told Uriah
1965 Who Killed Teddy Bear? Lawrence Sherman
1967 Stranger on the Run George Blaylock
1969 Krakatoa, East of Java Leoncavallo Borghese
1969 80 Steps to Jonah Jerry Taggart
1971 Escape from the Planet of the Apes Dr. Milo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mendez, Antonio (January 2006). Guía del cine clásico: Protagonistas - Antonio Mendez - Google Books. ISBN 9788498213881. Consultado o 2012-04-16. 
  2. Michaud, Michael Gregg (2011). Sal Mineo: A Biography. Three Rivers Press. ISBN 9780307716675. Consultado o 2018-08-09. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Alvo da própria vida íntima: a ascensão e a queda de Sal Mineo - e sua trágica morte". Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 Holliday, Peter J. "Mineo, Sal (1939-1976)". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2008. Consultado o 2008-07-20. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Bell, Rachael. "The Switchblade Kid: The Life and Death of Sal Mineo". Arquivado dende o orixinal o 2008-06-29. Consultado o 2008-07-20. 
  6. McGilligan, Patrick (1999). Clint: The Life and Legend. Londres: Harper Collins. p. 63. ISBN 0-00-638354-8. 
  7. Vogel, Carol (2005-09-30). "Exposure for a Nude". The New York Times. Consultado o 2008-07-22. 
  8. Murrells, Joseph (1978). The Book of Golden Discs (2nd ed.). Londres: Barrie and Jenkins Ltd. p. 94. ISBN 0-214-20512-6. 
  9. "Actor Sal Mineo Is Stabbed to Death". Los Angeles Times. 2006-02-12. Consultado o 2008-07-20. 
  10. Bell, Rachael (2008). "The Switchblade Kid: The Life and Death of Sal Mineo". TruTV. Turner Broadcasting System, Inc. Arquivado dende o orixinal o 2008-05-28. Consultado o 2008-07-12. The autopsy revealed that Sal died of a single stab wound to the heart. 
  11. Ellis, Chris; Ellis, Julie (2005). The Mammoth Book of Celebrity Murder. New York: Carroll & Graf Publishers. pp. 419–422. ISBN 0-7867-1568-5. 
  12. Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed.: 2 (Kindle Locations 32658-32659). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Michael Gregg Michaud. "Sal Mineo: A Biography". Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2015. Consultado o 29 de setembro de 2015. 
  14. Michael Gregg Michaud. "The Relevance of Sal Mineo". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 29 de setembro de 2015. 
  15. "Cause Célèbre—A Review Of Sal Mineo: A Biography & Interview With The Author". Consultado o 29 de setembro de 2015. 
  16. "Boze Hadleigh interview with Sal Mineo, 1972". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2015. 
  17. Matthew Carey. "Book helps rediscover murdered Hollywood star". CNN. Consultado o 29 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]