Sagas de bispos
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2013.) |
| Sagas de bispos | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Wikidata |
As sagas de bispos (en islandés: Biskuparsögur) son un tipo de saga que describe a vida dos primeiros bispos islandeses e da igrexa local desde a conversión de Islandia ao cristianismo e a fundación do primeiro bispado no ano 1065 ata o século XIV. O primeiro santo islandés foi o bispo de Skálholt Þorlákr Zórhallson, canonizado en 1199. Para alén do seu carácter haxiográfico, contan tamén con elementos pagáns.