Saga dos groenlandeses
Aparencia
| Saga dos groenlandeses | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||

A Saga dos groenlandeses (en islandés: Grœnlendinga saga) é unha das sagas islandesas que, xunto á Saga de Erik o Roxo son unha das principais fontes literarias de información sobre a colonización viquinga en América. Conta a colonización de Groenlandia iniciada por Erik o Roxo.
A saga presérvase en Flateyjarbók, un manuscrito do século XIV, e crese que se encargou a súa redacción no século XIII. Os feitos narrados desenvolvéronse entre 970 e 1030.[1] Algúns fragmentos considéranse como fonte de feitos históricos.
Foi editada en galego por Rinoceronte Editora, cunha tradución de Elías Portela.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bessason, Haraldur (1967). "New Light on Vinland from the Sagas". Mosaic: A Journal for the Interdisciplinary Study of Literature 1 (1): 57. ISSN 0027-1276. JSTOR 24776831.
- ↑ "Saga dos Groenlandeses. Saga de Erik o Roxo - Rinoceronte Editora - LG3 - O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2024. Consultado o 2024-08-21.