Sabuguido, Vilariño de Conso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°08′43.3″N 07°11′55.1″O / 42.145361, -7.198639

Sabuguido
ConcelloVilariño de Conso
Poboación98 hab. (2017)
Entidades de poboación4

Santa María de Sabuguido é unha parroquia do concello de Vilariño de Conso na comarca de Viana, na provincia de Ourense. Segundo o INE, no 2008 tiña 144 habitantes (79 homes e 65 mulleres), o que supón unha dimunución de 24 habitante con respecto ao ano 2000. Está formada por catro núcleos de poboación: Sabuguido, Soutogrande, Entrecinsa e Soutelo. Esta parroquia conta cun abundante, rico e variado patrimonio histórico-artístico, etnográfíco e arqueolóxico.

Patrimonio histórico[editar | editar a fonte]

Castros[editar | editar a fonte]

  • Castro de Sabugido.

Pazos[editar | editar a fonte]

  • Pazo de Entrecinsa.
  • Pazo de Soutogrande.

Igrexas[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de Santa María de Sabuguido en Sabuguido.

Capelas[editar | editar a fonte]

  • Capela de San Miguel en Entrecinsa (pertence ó pazo de Entrecinsa).
  • Capela da Casa Rectoral de Sabuguido en Sabuguido
  • Capela de San Roque en Soutelo.
  • Capela de Santa Bárbara en Soutogrande.

Casas Rectotais[editar | editar a fonte]

  • Casa reitoral de St.ª M.ª de Sabuguido en Sabuguido.

Arquitectura civil[editar | editar a fonte]

  • Casa de 1631 en Sabuguido.
  • Casa de 1763 en Entrecinsa.
  • Casa de 1769 en Sabuguido.
  • Casa de 1908 en Entrecinsa.
  • Tres casas antigas cuxa data é ilexible en Sabuguido.

Patrimonio etnográfico[editar | editar a fonte]

Eiras[editar | editar a fonte]

  • Conxunto de eiras de Entrecinsa.
  • Conxunto de eiras de Sabuguido.
  • Conxunto de eiras de Soutogrande.
  • Conxunto de eiras de Soutelo.

Muíños[editar | editar a fonte]

  • Dous muíños en Entrecinsa no lugar do Pisón.
  • Cinco muíños en Sabuguido (dous deles privados)
  • Dous Muíños en Soutogrande no lugar dos Muíños (un privado e outro comunal) no río Conso.
  • Un muíño á entrada de Soutogrande.
  • Muíño de Soutelo.

Fornos[editar | editar a fonte]

  • Forno comunal de Entrecinsa.
  • Forno comunal de Sabuguido.
  • Forno privado de Sabuguido.
  • Forno comunal de Soutogrande.
  • Forno privado de Soutogrande.
  • Forno comunal de Soutelo.

Forxas[editar | editar a fonte]

  • Forxa de Entrecinsa.
  • Forxa de Sabuguido.
  • Forxa de Soutogrande.
  • Forxa de Soutelo.

Teares[editar | editar a fonte]

  • Tear de Sabuguido.

Alvarizas[editar | editar a fonte]

  • Alvariza de Entrecinsa.

Pombares[editar | editar a fonte]

  • Pombar de Soutogrande.

Fontes[editar | editar a fonte]

  • Fonte de 1776 en Sabuguido.
  • Fonte de 1812 en Entrecinsa.

Cruces e cruceiros[editar | editar a fonte]

  • Cruz do cemiterio vello da igrexa de Sabuguido.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Sabuguido[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Sabuguido no concello de Vilariño de Conso (Ourense)

Entrecinsa | Sabuguido | Soutelo | Soutogrande

Parroquias de Vilariño de Conso[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilariño de Conso

Castiñeira (San Lourenzo) | Chaguazoso (San Bernabé) | Conso (Santiago) | Mormentelos (Nosa Señora da O) | Pradoalbar (Santo André) | Sabuguido (Santa María) | San Cristovo (San Cristovo) | San Mamede de Hedrada (San Mamede) | Veigas de Camba | Vilariño de Conso (San Martiño)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]