Sabela Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSabela Ramos
Biografía
Nacemento1986 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora , enxeñeira Editar o valor em Wikidata

Sabela Ramos Garea, nada en Padrón en 1986, é unha enxeñeira informática que traballa en Google Research. En 2020 foi galardoada co Premio Ada Byron do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sabela Ramos é doutora en Computación de Altas Prestacións pola Universidade da Coruña.[2] Realizou un posdoutoramento na Escola Politécnica Federal de Zürich onde investigou para crear modelos matemáticos do rendemento de microprocesadores. Posteriormente adentrouse na industria para incorporarse a Youtube onde traballou tres anos e desde comezos de ano está en Google Research, onde investiga en campos como a aprendizaxe por reforzo ou a aprendizaxe automática.[3][4]

Está involucrada en iniciativas que promoven a presenza das mulleres nas TIC, como Google Women in Engineering.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Anita Borg de Google en 2012.[5]
  • Premio Ada Byron do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia. [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 prensa, Escrito por. "El Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (Cpeig) otorga el Premio Ada Byron a Sabela Ramos Garea – CODDII" (en castelán). Consultado o 2020-10-24. 
  2. "Clara Campoamor". WISIBILIZALAS - IES VALENTÍN TURIENZO (en castelán). 2016-11-27. Consultado o 2020-10-24. 
  3. Rey, Manuel (2020-10-20). "Sabela Ramos: "Ás nenas fáltanlles referencias para ver que poden ter éxito no sector TIC"". GCiencia. Consultado o 2020-10-24. 
  4. Francisco, Javier de. "SABELA RAMOS GAREA - SUIZA". www.galiciaexterior.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-24. 
  5. Paniagua, Esther (2019-11-20). "Soy gallega, tengo 33 años y así me trajo la informática de altas prestaciones a Youtube". Xataka (en castelán). Consultado o 2020-10-24.