Sabas Calvillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sabas Calvillo Velasco")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sabas Calvillo
Nome completoSabas Calvillo Velasco
Nacemento1945
 Cidade Real
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de orquestra e diretor de coro
EstudosLicenciado en Ciencias Económicas, estudos de música e dirección de orquestra
editar datos en Wikidata ]

Sabas Calvillo Velasco, nado en 1945 en Ciudad Real,[1] é un director de orquestra e director de coro español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sabas Calvillo é licenciado en Ciencias Económicas,[2] e cursou estudos musicais (piano, harmonía, composición e dirección de orquestra) no Conservatorio Superior de Música de Madrid. Formouse na dirección coral con Oriol Martorell, Erwin List e Michel Coboz. Ampliou estudos de dirección orquestral en Siena, Salzburgo e Viena.[3]

Entre outros cargos foi axudante de dirección de José Ignacio Prieto e Pablo Colino, director do Coro Nacional de España, da Joven Orquesta de Cámara, e foi o director fundador do Coro y Orquesta "Ars Nova",[3] así como director fundador, en 1992, da Orquestra Sinfónica de Galicia.[2]

Así mesmo, foi profesor de concertación da Escuela Superior de Canto de Madrid, da que, posteriormente, e até a súa xubilación, foi catedrático de Ópera e Oratorio.[2][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]