Sabadelle, Sabadelle, O Pereiro de Aguiar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Martiño de Sabadelle
ParroquiaSabadelle
ConcelloO Pereiro de Aguiar
Coordenadas42°21′39″N 7°49′08″O / 42.36091148987, -7.8187977919209Coordenadas: 42°21′39″N 7°49′08″O / 42.36091148987, -7.8187977919209
Poboación276 hab. (2023)
editar datos en Wikidata ]
Igrexa de San Martiño de Sabadelle.
Igrexa de San Martiño de Sabadelle.

Sabadelle é un lugar da parroquia de Sabadelle no concello ourensán do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense.[1] Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 276 habitantes (141 homes e 135 mulleres).

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Sabadelle Fonte: IGE Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
243 257 259 257 247 253 258 265 252 249 243 249 250 244 243 241 240 239 232

Patrimonio histórico[editar | editar a fonte]

O cruceiro de Sabadelle está composto por baste, fuste, capitel e cruz, ademais de contar con pequenas esculturas e ornamentacións. Estas son máis simbólicas que decorativas, e as esculturas ou relevos son sobre temas relixiosos. Está situado nunha encrucillada, un lugar polo que adoitan pasar os cadaleitos. É un elemento post-románico ben conservado que xurdiu polo afán de imitar ás cruces procesionais.

A igrexa de San Martiño de Sabadelle é de planta románica. Consta dunha nave e dun amplo plesbiterio. Durante o ano 1847 cambióuselle a fachada de leste a oeste. A súa actual porta principal é de dobre arquivolta sobre semiculumnas acaroadas. A súa portada está apoiada sobre columnas en xambas. Ten tamén un tímpano liso con dous corpos; o primeiro con dous arcos para as dúas campás e a segunda cun só, do que xorde unha estrutura con forma piramidal e unha cruz. No seu interior atopamos un sepulcro do século XVI e elementos de influencia mudéxar [3].

O pazo da Fronteira erixiuse nos séculos XVI e XVII. Consta dunha construción popular e ten un gran muro de pedra que bordea todo o pazo. É un edificio a catro augas do que se elevan dous faiados da parte central. Xunto ó edificio hai unha torre con dous andares, con tellados a catro augas e con ventás alinteladas. Tamén atopamos un hórreo e un gran pombal aínda conservados a día de hoxe en bo estado.

No cruzamento da estrada que vai dende o pobo cara Tibiás atopámonos cun peto -unha pequena construción con relieve-, no que se representan as "ánimas" no purgatorio, no que se poden depositar esmolas.

Servizos[editar | editar a fonte]

Os servizos mínimos como a educación e a sanidade non están cubertos. Respecto ó primeiro, os nenos e nenas do pobo deben acudir ó CEIP Pluríngüe Ben-Cho-Shey, situado no Lugar de Cortiñas. O centro médico máis preto está no Pereiro.

Ao non contar con establecementos, a panadaría de Velle recorre as rúas da vila todos os días cunha furgoneta. A froitaría, carnizaría e panadaría empregan o mesmo método, achegándose ata dúas veces por semana.

Festa popular[editar | editar a fonte]

A festa tradicional popular na honra de San Martiño celébrase todos os anos durante a primeira quincena do mes de novembro, estando organizadas por unha comisión de veciños que se rota cada dous anos. Teñen lugar na cancela habilitada tras o edificio do bar da comisión. As festas son sufragadas polos veciños, que asumen unha cuantía fixa por vivenda.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Sabadelle[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Sabadelle no concello do Pereiro de Aguiar (Ourense)

Lagocios | Parada | Sabadelle | San Benito da Veiga | Seoane | Vilaboa | Xubande

Parroquias do Pereiro do Aguiar[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Pereiro de Aguiar

Calvelle (San Miguel) | Chaodarcas (Santa Ana) | Covas (San Cibrao) | A Lamela (Santa María) | Melias (Santa María) | Prexigueiró (San Salvador) | Sabadelle (San Martiño) | San Martiño de Moreiras (San Martiño) | San Xoán de Moreiras (San Xoán) | Santa Marta de Moreiras (Santa Marta) | Tibiás (San Bernaldo) | Triós (San Pedro) | Vilariño (Santa Cristina)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Sabadelle, O Pereiro de Aguiar". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. 
  3. "Igrexa de San Martín de Sabadelle". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 2019-05-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]