Saúde (videoxogos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A light red bar, 39% of which is filled with a darker shade of red
Unha barra de saúde, unha posíbel representación da saúde dun personaxe.

Saúde ou puntos de dano (xeralmente abreviado como HP, do inglés hit points) é un atributo dos xogos de rol e dos videoxogos que determina a cantidade máxima de dano que un personaxe ou obxecto poden ter. Se a cantidade de saúde chega a cero, o personaxe morre ou perde a consciencia.[1][2] Tal personaxe pode ser o personaxe xogador, un mob ou un xefe. A saúde tamén pode ser atribuíble a elementos destruíbles do universo do xogo ou obxectos inanimados como vehículos e as partes inanimadas. Nos videoxogos, a saúde é representada a miúdo por elementos visuais como fraccións numerais, unha barra de saúde ou unha serie de pequenas iconas, aínda que tamén pode ser representada acusticamente, como cos latexos do corazón do personaxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moore 2011, p. 91.
  2. Fullerton 2013, p. 130.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]