SMS Seydlitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
SMS Seydlitz
SMS Seydlitz2.jpg
O SMS Seydlitz
Historial War Ensign of Germany (1903-1918).svg
Posta en grella 4 de febreiro de 1911
Botado 30 de marzo de 1912
Asignado 22 de maio de 1913
Destino afundido en Scapa Flow o 21 de xuño de 1919
Características xerais
Eslora 200,6 m
Manga 28,5 m
Calado 9,29 m

O SMS Seydlitz foi un cruceiro de batalla da Mariña Imperial alemá construído en Hamburgo. Foi autorizado en 1910 e asignado en maio de 1913, sendo o cuarto cruceiro de batalla construído para a Hochseeflotte. O seu nome débese a Friedrich Wilhelm von Seydlitz, un xeneral prusiano do reinado de Federico II de Prusia e da Guerra dos Sete Anos.

Seydlitz representou a culminación da primeira xeración de cruceiros de batalla alemáns, que se iniciaron co Von der Tann en 1906, e continuaron con dous barcos da clase Moltke en 1907 e 1908. O Seydlitz contaba con varias melloras con respecto aos modelos anteriores, incluído un redeseñado sistema de propulsión e unha disposición mellorada da blindaxe. O barco tamén era significativamente máis grande que os seus predecesores.