Saltar ao contido

SMS König

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SMS König
Imaxe
 Instancia de
 Conflito
Implicados
 Operador/a
Características
 Fabricante
 Velocidade máxima
21.0 kn Editar o valor en Wikidata
 Tipo de embarcación
 Número do casco
33 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Lonxitude175,4 m Editar o valor en Wikidata
Manga29,5 m Editar o valor en Wikidata
Calado9,19 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Inauguración
1 de marzo de 1913 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
naufraxio
1 de marzo de 1913botadura
10 de agosto de 1914posta en servizo Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Lugar de creación
 País de orixe
 País de rexistro
Identificadores
Freebase/m/058k92 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O SMS König foi o primeiro dos catro acoirazados da clase König da Mariña Imperial alemá (Kaiserliche Marine) durante a primeira guerra mundial. O König (en galego: "rei") foi nomeado así na honra do rei Guillerme II de Württemberg. Posto na grella en outubro de 1911, o barco foi botado o 1 de marzo de 1913. O König foi completado pouco despois do comezo da primeira guerra mundial; foi asignado á Hochseeflotte o 9 de agosto de 1914.

Xunto cos seus tres barcos irmáns, o Grosser Kurfürst, o Markgraf e o Kronprinz, o König tomou parte na meirande parte das accións da frota durante a guerra. Como barco líder da liña alemá na batalla de Xutlandia o 31 de maio de 1916, o König enfrontouse con varios acoirazados británicos e recibiu dez impactos de calibre pesado. En outubro de 1917 forzou ao pre-dreadnought ruso Slava a que se afundise na batalla do estreito de Muhu, que seguiu á exitosa Operación Albion alemá.

O König foi internado, xunto coa meirande parte da Hochseeflotte, en Scapa Flow en novembro de 1918 tras o armisticio. O 21 de xuño de 1919 o contraalmirante Ludwig von Reuter ordenou afundir a frota mentres os barcos británicos estaban fóra do porto realizando exercicios. A diferenza da meirande parte dos buques afundidos, o König nunca foi reflotado para o seu desmantelamento; os restos aínda se atopan no fondo da baía.