Shi Jian 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SJ 4»)
Shi Jian 4 / SJ 4
TipoCientífico
FabricanteCAST
Destino actualFóra de servizo.[1][2][3]
Data de lanzamento8 de febreiro de 1994[1][4][5][6]
Foguete portadorCZ-3A[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro de lanzamento de Xichang[1][2]
Obxectivo da misiónMedicións da contorna terrestre.[1][2]
NSSDC ID1994-010A
Masa400 kg[1]
Datos orbitais
Semieixo maior15 231 km[4]
Inclinación28,9º[4]
Apoapse17 408,8km[4]
Periapse311,5km[4]

Shi Jian 4 ou SJ 4 foi un satélite artificial da China lanzado o 8 de febreiro de 1994 a bordo dun foguete CZ-3A desde o Centro de lanzamento de Xichang.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

SJ 4 foi lanzado para estudar a contorna da radiación en órbita terrestre. Foi deseñado e construído pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST, en inglés). Tiña unha masa de 400 kg e forma de cilindro de 1,6 m de diámetro e 2,1 m de altura. Estabilizábase mediante xiro e levaba seis instrumentos a bordo:[1][2][3]

  • Un detector de electróns de alta enerxía.
  • Un detector de ións pesados e protóns enerxéticos.
  • Un analizador electrostático.
  • Un monitor de efecto dinámico de eventos únicos.
  • Un monitor de eventos únicos.
  • Un monitor de potencial en superficies.

O satélite funcionou durante seis meses.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (10 de febreiro de 2021). "Shijian 4" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2021). "SJ" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SJ 4" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SJ-4" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021. 
  5. Claude Lafleur (2021). "KF 1 / SJ 4 / Shi Jian 4" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2021. 
  6. "Note verbale dated 27 June 1996 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-85185 (E)). 1 de agosto de 1996: 2. Consultado o 4 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]