Satélite de Coleta de Dados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SCD 1»)

Satélite de Coleta de Dados ou SCD foi unha serie de satélites artificiais do Brasil.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites SCD foron satélites para probar tecnoloxías de comunicación e para recoller datos científicos e meteorolóxicos.[1]

SCD 1[editar | editar a fonte]

SCD 1 ía equipado para recoller e transmitir datos de estacións meteorolóxicas e medioambientas en terra ou en boias oceánicas. Foi construído polo INPE e tiña forma de prisma octogonal cunha masa de 115 kg. Foi lanzado o 9 de febreiro de 1993 mediante un foguete Pegasus desde Cabo Cañaveral.[2]

SCD 2 e 2A[editar | editar a fonte]

SCD 2 era similar a SCD 1, cunha masa de 115 kg, forma de prisma octogonal e construído tamén polo INPE. A súa misión foi semellante pero cunha maior eficiencia na recollida de datos grazas ao deseño máis avanzado de SCD 2. O satélite estabilizábase mediante xiro a entre 32 e 36 r.p.m. Foi lanzado o 23 de outubro de 1998 mediante un foguete Pegasus H para substituír a SCD 2A, lanzado o 2 de novembro de 1997 a bordo do primeiro foguete VLS 1, que non chegou a acadar órbita.[3]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2][3] Data de lanzamento[1][2][3] Foguete lanzador[1][2][3] Notas[1][2][3]
SCD 1 9 de febreiro de 1993 Pegasus Éxito
SCD 2A 2 de novembro de 1997 VLS 1 Éxito
SCD 2 23 de outubro de 1998 Pegasus H Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2021). "SCD" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SCD 1" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SCD 2, 2A" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]