Səbinə Əliyeva
(2020) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de maio de 1980 Bakú, Azerbaidján |
| Educación | Facultade de Dereito da Universidade Estatal de Bakú |
| Actividade | |
| Ocupación | xurista, poetisa |
| Familia | |
| Cónxuxe | Siyavush Novruzov (valor descoñecido–) |
| Pais | Yashar Aliyev |
| Premios | |
| |
Səbinə Yaşar qızı Əliyeva, nada en Bakú o 7 de maio de 1980, é unha xurista azerí, valedora de Azerbaidján.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do médico e político Yaşar Əliyev e da dentista pedriática Rəna Əliyeva.[1] Estudou dereito na Universidade Estatal de Bakú entre 1996 e 2000 e tras graduarse entrou a traballar no Tribunal Constitucional e asemade realizou estudos de posgrao en dereito público na súa alma máter. Entre 2009 e 2012 realizou estudos de relacións internacionais na Academia da Administración Pública de Azerbaidján. En 2016 doutorouse[2] cunha tese sobre relacións internacionais e dereitos humanos. O 29 de novembro de 2019 a Asemblea Nacional elixiuna Comisionada para os Dereitos Humanos (valedora) de Azerbaidján entre os tres candidatos que presentara o presidente da República de Azerbaidján.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Яшар Алиев: Когда мою дочь избрали омбудсменом, не смог сдержать слёз радости". Massa. 2 de decembro de 2019.
- ↑ "Новый омбудсмен Азербайджана: кто она? - ДОСЬЕ". Oxu. 29 de novembro de 2019.