Süleyman Demirel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Süleymán Demirel»)
Infotaula de personaSüleyman Demirel

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(tr) Süleyman Sami Demirel Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1924 Editar o valor em Wikidata
İslamköy, Turquía (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xuño de 2015 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Ancara, Turquía Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza respiratoria Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAtabey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente da Turquia (pt) Traducir
16 de maio de 1993 – 16 de maio de 2000
← Turgut Özal (pt) TraducirAhmet Necdet Sezer →
Primeiro ministro de Turquía
20 de novembro de 1991 – 16 de maio de 1993
← Mesut Yılmaz (pt) TraducirTansu Çiller →
Leader of True path party (en) Traducir
24 de setembro de 1987 – 16 de maio de 1993
← Hüsamettin Cindoruk (en) TraducirTansu Çiller →
Primeiro ministro de Turquía
12 de novembro de 1979 – 12 de setembro de 1980 (Golpe de Estado na Turquia em 1960 (pt) Traducir)
← Bülent EcevitBülent Ulusu (pt) Traducir →
Primeiro ministro de Turquía
21 de xullo de 1977 – 5 de xaneiro de 1978
← Bülent EcevitBülent Ecevit →
Primeiro ministro de Turquía
31 de marzo de 1975 – 21 de xuño de 1977
← Sadi Irmak (pt) TraducirBülent Ecevit →
Primeiro ministro de Turquía
6 de marzo de 1970 – 26 de marzo de 1971 (1971 Turkish military memorandum (en) Traducir)
← Süleyman DemirelNihat Erim (pt) Traducir →
Primeiro ministro de Turquía
3 de novembro de 1969 – 6 de marzo de 1970
← Süleyman DemirelSüleyman Demirel →
Primeiro ministro de Turquía
27 de outubro de 1965 – 3 de novembro de 1969
← Suat Hayri Ürgüplü (en) TraducirSüleyman Demirel →
Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTurquía Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Istambul (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoTrue Path Party (en) Traducir (1987–)
Justice Party (en) Traducir (1961–1987) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua turca Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNazmiye Demirel (1948–2013), morte do cónxuxe
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1291881 Find a Grave: 147958670 Editar o valor em Wikidata

Sami Gündoğdu Süleyman Demirel, nado en Atabey o 1 de novembro de 1924 e finado en Ancara o 17 de xuño de 2015, máis coñecido como Süleyman Demirel, foi un político turco.[1] Chegou a ser primeiro ministro —sete veces entre 1965 e 1993— e presidente de Turquía (1993-2000), o noveno do país. Cando gañou as eleccións xerais de 1965 en Turquía, converteuse no segundo líder elixido democraticamente na historia turca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo electo como potencial primeiro ministro por Adnan Menderes, Demirel foi elixido como líder do Partido Xustiza en 1964 e organizou a caída de İsmet İnönü en 1965, malia non tratarse dun membro do parlamento nese tempo. Apoiou ao goberno de Suat Hayri Ürgüplü ata que o seu partido fíxose coa maioría parlamentaria nas eleccións xerais de 1965. Con iso formou o seu primeiro goberno substituíndo ao proscrito Partido Demócrata, e foi reelecto como primeiro ministro en 1969 tras gañar a maioría parlamentaria por segunda vez. A pesar de que as súas reformas controlaron o problema da inflación, renunciou ao cargo de primeiro ministro logo de que o orzamento fose bloqueado polo parlamento, pero pouco tempo despois conseguiu formar un terceiro goberno. Esta vez o seu mandato finalizou polo golpe de estado de 1971.

Demirel foi líder da oposición entre 1971 e 1975 antes de formar unha alianza de catro partidos para formar goberno, coñecido como Primeira Fronte Nacionalista, que colapsou en 1977. Xunto con outros partidos, formou un gabinete cunha alianza chamada Segunda Fronte Nacionalista en 1977, que caeu en 1978. Sendo minoría en 1979, non logrou ser electo presidente en 1980, levando isto ao golpe de estado de 1980 que lle prohibiu de exercer cargos políticos. No referendo de 1987, Demirel recuperou o dereito a participar activamente en política e asumiu o liderado do Partido Camiño Correcto. Gañou nas eleccións xerais de 1991 e formou unha coalición co Partido Socialdemócrata Populista (SHP), asumindo así o seu quinto e último mandato como primeiro ministro. Logo do repentino falecemento de Turgut Özal, Demirel presentouse nas eleccións presidenciais de 1993, converténdose así no presidente de Turquía até 2000. Con 10 anos e 5 meses, o tempo de Demirel como primeiro ministro é o máis longo da historia turca, logo de İsmet İnönü e Recep Tayyip Erdoğan.

Primeiros anos e formación académica[editar | editar a fonte]

Demirel naceu o 1 de novembro de 1924, en Atabey, un pobo na provincia de Isparta. Logo de terminar a escola primaria no seu pobo natal, realizou os estudos secundarios en Isparta e Afyon. Graduouse como enxeñeiro civil na Universidade Politécnica de Istambul en 1949.[2]

Predecesor:
Turgut Özal
Presidente de Turquía

19932000
Sucesor:
Ahmet Necdet Sezer
Predecesor:



Suad Hayri Ürgüplü
Sadi Irmak
Bülent Ecevit
Bülent Ecevit
Mesut Yılmaz
Primeiro ministro de Turquía

1965 - 1971
1975 - 1977
1977 - 1978
1979 - 1980
1991 - 1993
Sucesor:



Nihat Erim
Bülent Ecevit
Bülent Ecevit
Turhan Feyzioğlu
Erdal İnönü

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Falece o expresidente de Turquía durante os noventa Suleiman Demirel". El Progreso de Lugo. 17 de xuño de 2015. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  2. Arslanbenzer, Hakan (19 de xuño de 2015). "Süleyman Demirel: Dream for a ‘Great Turkey'" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]