Süjbaataryn Batbold
Süjbaataryn Batbold | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de xuño de 1963 |
Lugar de nacemento | Ulán Bátor |
Nacionalidade | Mongolia |
Alma máter | Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova, London Business School e Academia Diplomática do Ministério dos Negócios Estrangeiros da Federação Russa |
Ocupación | político |
Premios | Bandeira Vermella do Traballo, Order of the Polar Star e honorary doctor of the Moscow State Institute of International Relations |
Na rede | |
http://www.batbold.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Süjbaataryn Batbold ou Süjbaatar Batbold (1963) é un político mongol que ocupou o cargo de primeiro ministro dende o 29 de outubro de 2009 até o 10 de agosto de 2012. Previamente foi ministro de Asuntos Exteriores no goberno do seu predecesor, Sanjaagiin Bayar.
Batbold estudou no Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova entre 1980 e 1986. Entre 1988 e 2002 foi dirixente de varias empresas.[1] Está divorciado e ten cinco fillos.
Accedeu ao posto de primeiro ministro tras a renuncia de Bayar por motivos de saúde. A súa candidatura foi presentada polo gobernante Partido Revolucionario do Pobo de Mongolia e foi aprobada polo presidente Tsakhiagiin Elbegdorj. Esperábase que no seu mandato conseguise máis investimentos para fomentar a explotación dos recursos mineiros do país.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "The Minister for External Relations, S.Batbold’s Resume" (en inglés). Business Mongolia. 26 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2011. Consultado o 27 de outubro de 2010.
- ↑ "Mongolia nominates a new leader" (en inglés). BBC. 29 de outubro de 2009. Consultado o 27 de outubro de 2010.