Síndrome do intestino irritable

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Síndrome de colon irritable»)
Síndrome do intestino irritable
Clasificación e recursos externos
ICD-10I09.0
DiseasesDB30638
MedlinePlus000246
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A síndrome do intestino irritable ou colon irritable é unha patoloxía do aparello dixestivo caracterizada pola alteración funcional dos hábitos deposicionais e intestinais sen que estea xustificado por ningunha anomalía estrutural en ningún órgano[1]. Dado que non existe ningún marcador clínico, proba de imaxe ou calquera outro test diagnóstico, considérase unha doenza de exclusión[2] e o seu diagnóstico baséase nas manifestacións clínicas. O colon irritable diagnostícase en base a uns criterios clínicos establecidos que se coñecen coma Roma II. A prevalencia desta patoloxía abrangue entre o 10 e o 20 por cento da poboación mundial, cun claro predominio no sexo feminino.

A síndrome do intestino irritable está asociada típicamente a outras doenzas funcionais, coma a cefalea tensional, a síndrome de fatiga crónica, a fibromialxia ou a cistite intersticial.

Síntomas[editar | editar a fonte]

O síntoma principal e necesario para o diagnóstico de colon irritable é a dor ou as molestias abdominais. Esta dar de xeito típico adoita mellorar tras a defecación ou a expulsión de gases. Pode consistir tanto nunha dor constante e continua coma intermitente en forma de cólico. A dor empeora co estrés e coas comidas. Normalmente non se asocia desnutrición e o sono nocturno adoita ser respectado.a

Ademais da dor, poden coexistir e incluso intercalarse e episodios de estreñemento e diarrea. Cando se produce diarrea, esta pode ir acompañada de mucosidade, de xeito que o termo "colite mucosa" é un sinónimo moitas veces desta doenza.

En case a metade dos pacientes, ademais, pódense identificar síntomas do aparello dixestivo superior: náuseas, vómitos, refluxo gastroesofáxico ou dispepsia.

Diagnóstico[editar | editar a fonte]

Non existe ningunha proba médica que diagnostique a síndrome do colon irritable. Os criterios diagnósticos son estritamente baseados na clínica e determinados por un comité de expertos, no que se denomina os Criterios de Roma II[3].

Criterios diagnósticos
Dor ou molestias abdominais persistentes no tempo (polo menos tres veces ao mes durante máis de tres meses).
Polo menos dous das seguintes características:
1. Melloría da dor trala defecación.
2. Inicio relacionado con cambios na frecuencia das defecacións.
3. Inicio relacionado con cambios na consistencia ou forma das feces.

Tratamento[editar | editar a fonte]

A síndrome do colon irritable é unha doenza benigna, polo que comprería explicar e tranquilizar ao paciente o curso da enfermidade. Dado que os pacientes adoitan a estar preocupados e que o estrés emocional inflúe nesta doenza, a correcta educación sanitaria pode mellorar os síntomas[4].

Outro piar terapéutico radica nos cambios de estilo de vida, sobre todo no exercicio e na alimentación. A dieta libre de glute, baixa en FODMAPs ou rica en fibra poderían mellorar os síntomas de colon irritable.[5]

Non existe ningún tratamento específico para o colon irritable. As posibles opcións terapéuticas dependerán dos síntomas que manifeste o paciente e irán encamiñadas ao tratamento específico destes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Longo, Fauci, Kasper, Hauser, Jameson, Loscalzo. (2012). Harrison. Principios de Medicina Interna. McGraw-Hill. ISBN 978-607-15-0729-7. 
  2. O diagnóstico de exclusión consiste en diagnosticar unha doenza cando se descartaron todas as demais causas compatibles coa doenza a estudo.
  3. Mearin, F (Decembro de 2016.). "Guía de práctica clínica: síndrome del intestino irritable con estreñimiento y estreñimiento funcional en adultos: concepto, diagnóstico y continuidad asistencial.". Aten. Primaria 49 (1): 42–55. PMID 28027792. doi:10.1016/j.aprim.2016.11.003. 
  4. Flick, CE (2017). "Systematic review: The placebo effect of psychological inter- ventions in the treatment of irritable bowel syndrome.". World J Gastroenterol 23: 2223–2233. 
  5. Bustos-Fernández, Luís María (2019). "Tratamiento actual del síndrome de intestino irritable. Una nueva visión basada en la experiencia y la evidencia." (PDF). Acta Gastroenterol Latinoam 49: 381–393. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]