Saltar ao contido

Sérgio Mendes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSérgio Mendes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Sérgio Santos Mendes Editar o valor en Wikidata
11 de febreiro de 1941 Editar o valor en Wikidata
Niterói, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte5 de setembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Encino, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesíndrome pós-COVID (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica, música pop, interpretación de piano, peza musical, arranxo, Bossa nova e música popular Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor , produtor musical , cantante , compositor de cancións , pianista , músico de jazz , arranxador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor en Wikidata - 2024 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoBossa nova, música popular brasileira, música latina, Latin jazz (pt) Traducir, Jazz, Música disco, adult contemporary e Soft rock Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua portuguesa e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoCapitol Records
Elektra Records
Atlantic Records
A&M Records
Concord Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGracinha Leporace
Premios

Páxina websergiomendesmusic.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0005223 Facebook: sergiomendesmusic Twitter: sergiomendes Instagram: sergiomendesmusic MySpace: sergiomendes BNE: XX1028781 Spotify: 65c5si0ePAwkOCn4M35Ho7 Last fm: Sérgio+Mendes Musicbrainz: 6bf591c4-b050-478e-9d9f-167394d66c90 Songkick: 178178 Discogs: 27986 Allmusic: mn0000002330 WikiTree: Mendes-903 Deezer: 4093 Genius: Sergio-mendes Editar o valor en Wikidata

Sérgio Santos Mendes, nado en Niterói o 11 de febreiro de 1941 e finado nos Ánxeles o 5 de setembro de 2024, foi un músico brasileiro, coñecido mundialmente pola difusión da bossa nova, a samba e o MPB.[1][2] Gañou 1 Grammy, 2 Latin Grammy, foi nomeado ao Óscar á mellor canción orixinal e é o posuidor do récord brasileiro de máis entradas no Billboard Hot 100.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
En 1968.

Sérgio Mendes comezou co Sexteto Bossa Rio, gravando o álbum Dance Moderno en 1961. Viaxando por Europa e os Estados Unidos, gravou varios discos con Cannonball Adderley e Herbie Mann, ata tocando no Carnegie Hall. Trasladouse aos Estados Unidos en 1964 e produciu dous álbums co nome de Brasil '64, coa Capitol Records e Atlantic Records.

Foi nos Estados Unidos onde comezou o grupo Sérgio Mendes & Brasil 66, acadando o éxito coa publicación da canción "Mas que Nada", de Jorge Ben Jor, en versión bossa nova.

Pasou moito tempo no ostracismo, editando discos que tiveron pouco éxito comercial. O seu reencontro co público en xeral tivo lugar en 1984, coa publicación do exitoso álbum Never Gonna Let You Go, acadando o cuarto lugar nas listas. Pouco despois sacou o disco Confetti, que contén entre outras cancións "Olympia", feita para os Xogos Olímpicos dos Ánxeles de 1984.

Na década dos 90, creou a banda Brasil 99, coa que gravou o disco Brasileiro, que ademais de levalo de novo ás listas de éxitos, conseguiulle o Grammy de 1993 na categoría de World Music. Ten publicados máis de trinta discos, e o máis último deles conta coa participación de invitados, entre outros, de Stevie Wonder e os Black Eyed Peas .

A canción "Never Gonna Let You G ", de Sérgio Mendes, contou con Joe Pizzulo e Leza Miller na voz. [4]

Marchou en 1964 aos Estados Unidos, tras o golpe militar en Brasil. Brillou con luz propia no panorama musical estadounidense, gañando un lugar destacado no mercado anglosaxón. Colaborou con artistas de jazz como Herbie Mann. Compartiu xiras con Frank Sinatra e recibiu unha carta de Paul McCartney para felicitalo pola súa versión de Fool on the Hill, dos Beatles. "Creo que é o mellor de todos", díxolle o outro xenio.[5]

Casou coa cantante brasileira Gracinha Leporace.

Coñecendo a Elvis Presley

[editar | editar a fonte]

O encontro tivo lugar durante a tempada na que Elvis Presley actuaba en Lake Tahoe, Nevada, no Midnight Show, o 1 de agosto de 1971.[6]

No libro The Elvis Archives[7] hai un erro moi grave na páxina 128, no que nunha foto a descrición di: "Paul Anka (dereita) co seu director (centro) e Elvis en Las Vegas en 1972". En realidade, a persoa que está no centro da foto é Sergio Mendes.

Os únicos brasileiros famosos que coñeceron en persoa a Elvis Presley foron Leny Eversong, Cauby Peixoto e Sérgio Mendes. O encontro con Elvis Presley e Cauby Peixoto foi informado na Revista do Rádio, en decembro de 1956.

Sérgio morreu nos Ánxeles o 5 de setembro de 2024, aos 83 anos.[8] O músico afrontaba enfermidades derivadas de problemas respiratorios desde 2023.[9]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Dance moderno (1961)
  • Quiet nights (1963)
  • Você ainda não ouviu nada. Sergio Mendes & Bossa Rio (1963)
  • The swinger from Rio (1964)
  • Bossa Nova York. Sergio Mendes Trio (1964)
  • Cannonbal's bossa nova with Bossa Rio (1964)
  • In person at El Matador-Sergio Mendes & Brasil' 65 (1964)
  • Brasil' 65. Wanda de Sah featuring The Sergio Mendes Trio (1965)
  • The great arrival (1966)
  • Herb Alpert presents Sergio Mendes & Brazil 66 (1966)
  • Equinox-Sergio Mendes & Brasil' 66 (1967)
  • Sergio Mendes favourite things (1968)
  • Look around-Sergio Mendes & Brasil' 66 (1968)
  • Crystal illusions-Sergio Mendes & Brasil' 66 (1969)
  • Fool on the Hill (1969)
  • Ye-me-lê. Sergio Mendes & Brazil' 66 (1970)
  • Live at Expo' 70. Sergio Mendes & Brazil' 66 (1970)
  • Stilness-Sergio Mendes & Brasil' 66 (1971)
  • País tropical-Sergio Mendes & Brazil' 77 (1971)
  • Raízes-Sergio Mendes & Brazil' 77 (1972)
  • Love music-Sergio Mendes & Brasil' 77 (1973)
  • In concert-Sergio Mendes & Brasil' 77 (1973)
  • Vintage 74-Sergio Mendes & Brasil' 77 (1974)
  • Sergio Mendes (1975)
  • Homecooking-Sergio Mendes & Brasil' 77 (1976)
  • Sergio Mendes & and the new Brasil' 77 (1977)
  • Brasil 88 (1978)
  • Pelé-trilha sonora do filme (1977)
  • Magic lady (1979)
  • Horizonte aberto (1979)
  • Sergio Mendes (1983)
  • Confetti (1984)
  • Brasil 86 (1986)
  • Arara (1989)
  • Brasileiro (1992)
  • Oceano (1996)
  • Timeless (2006)
  • Encanto (2008)
  • Bom Tempo (2010)
  • Magic (2014)
  • In the Key of Joy (2020)

O ano de lanzamento é seguido do título e da posición na grella americana.

  • 1966 - Mas Que Nada - Billboard Adult Contemporary # 04 e Billboard Pop Singles #47
  • 1967 - Night And Day - Billboard Pop Singles #82
  • 1968 - Scarborough Fair - Billboard Pop Singles #16
  • 1968 - The Fool on the Hill - Billboard Adult Contemporary #1 e Billboard Pop Singles #06
  • 1968 - The Look of Love - Billboard Adult Contemporary #02 e Billboard Pop Singles #04
  • 1969 - (Sittin' On) the Dock of the Bay - Billboard Pop Singles #66
  • 1969 - Pretty World - Billboard Adult Contemporary #04 e Billboard Pop Singles #62
  • 1969 - Scarborough Fair - Billboard Adult Contemporary #02
  • 1977 - The Real Thing - Billboard Black Singles #51
  • 1979 - I'll Tell You - Billboard Club Play Singles #09 e Billboard Black Singles #49
  • 1983 - Never Gonna Let You Go - Billboard Adult Contemporary #01, Billboard Black Singles #28 e Billboard Pop Singles #04
  • 1984 - Alibis - Billboard Adult Contemporary #05 e The Billboard Hot 100 #29
  • 2006 - Mas Que Nada (re-gravación) - Billboard Hot Dance Music/Club Play #13
  • 2008 - Mas Que Nada (R Mend Club Mix) - remix por DJ Renato Mendonça - Independente
  • 2016 - Se Ligaê - Con Rogério Flausino e Baby do Brasil

Premios

Ano Premio Categoría Traballo Resultado
1993 Grammy Awards Mellor Álbum de World Music "Brasileiro" Venceu
2005 Grammy Latino Premio Excelência Musical da Academia Latina de Gravación Ele Mesmo Venceu
2006 Grammy Latino Gravación do Ano "Mas que Nada" (Part.Black Eyed Peas) Finalista
2008 Grammy Latino Mellor Canción Brasileira "Acode" (Part.Vanessa Da Mata) Finalista
2010 Grammy Latino Mellor Álbum de Pop Contemporâneo Brasileiro "Encanto" Venceu
2011 Grammy Awards Mellor Álbum de World Music Contemporánea "Encanto" Finalista
2012 Prêmio Annie Música nunha Produción de Animación "Real in Rio" Finalista
2012 Oscar Mellor CanciónxOriginal "Real in Rio" Finalista
2015 Grammy Awards Mellor Álbum de World Music "Magic" Finalista
  1. Millan, Camilla (11 de febreiro de 2021). "80 anos de Sérgio Mendes, a mente por trás da versão bossa nova do hit ‘Mas que Nada’". Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2022. Consultado o 8 de abril de 2022. 
  2. Xavier, Gustavo (10 de febreiro de 2021). "Os 80 years de Sergio Mendes". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de abril de 2022. 
  3. Lorentz, Braulio (13 de agosto de 2020). "Sérgio Mendes comenta recordes nos EUA em 60 anos de carreira: 'Não foi só jogada de marketing'". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 8 de abril de 2022. 
  4. "2Kmusic.com Redirection.....". Consultado o 2021-02-10. 
  5. "Muere Sérgio Mendes, el hombre que hizo latir el mundo con su «bossa nova»". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-09-06. Consultado o 2024-09-07. 
  6. "Paul Anka Remembers Elvis Presley". Consultado o 08/05/2015. 
  7. The Elvis Archives. 2004. pp. Todd Slaughter, Anne E. Nixon. ISBN 1-84449-380-6. 
  8. "Sérgio Mendes, Brazilian Bossa Nova Legend, Dead at 83". Rolling Stone. 6-9-2024. Consultado o 7-9-2024. 
  9. "Morre Sergio Mendes, aos 83 anos, pianista e astro internacional da música brasileira". O Globo. 6-9-2024. Consultado o 6-9-2024.