Sáhara Occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sáhara occidental»)
Modelo:Xeografía políticaSáhara Occidental
الصحراء الغربية (ar) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 25°N 13°O / 25, -13Coordenadas: 25°N 13°O / 25, -13
Territorio reivindicado porMarrocos (1976–)
República Árabe Saharauí Democrática (1976–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación612.000 (2021) Editar o valor em Wikidata (2,3 hab./km²)
Lingua usadaárabe moderno padrão (pt) Traducir
Árabe hassani (pt) Traducir
árabe marroquí
lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie266.000 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude237 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
MoedaDirham Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.eh Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+212 Editar o valor em Wikidata
Código de paísEH Editar o valor em Wikidata

Situación do Sáhara Occidental en África.

O Sáhara Occidental é un territorio do norte de África situado no extremo occidental do deserto do Sáhara, as beiras do océano Atlántico. É un dos 17 territorios non autónomos baixo supervisión do Comité Especial de Descolonización da Organización das Nacións Unidas, coa fin de eliminar o colonialismo.[1] Foi introducido na lista dos territorios non autónomos en 1960 a través da resolución 1542 (XV) da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, de 15 de decembro dese ano, cando era unha provincia española.[2]

O seu proceso de descolonización foi interrompido en 1976, cando a súa potencia administradora, España, abandonou o Sáhara Occidental nas mans de Marrocos e Mauritania —trala marcha verde e conforme ao disposto nos Acordos de Madrid (1975), non válidos segundo o Dereito internacional—.[3] O territorio está ocupado[3][4] actualmente na súa maior parte por Marrocos, que o chama as súas Provincias Meridionais, aínda que a soberanía marroquí non está recoñecida nin polas Nacións Unidas nin por ningún país do mundo[5] e é rexeitada pola Fronte Polisario, que proclamou a súa independencia en 1976 creando a República Árabe Saharauí Democrática (RASD), recoñecida ata o momento por máis de oitenta países. A RASD administra a rexión ao leste non controlada por Marrocos, a cal denomina Zona Libre. Por outra banda, Mauritania ocupa a cidade sureña de La Güera e outras zonas adxacentes a esta dentro da península de Cabo Blanco.

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa da colonia española do Sáhara.

A poboación saharauí, antes da chegada dos europeos, organizábase en grupos de familias (fahed) que se agrupaban en cabilas, que constituían a unidade social básica dos saharauís, e que ligaba a un grupo unido por un lazo de parentesco patrilineal, que con frecuencia entraban en conflito entre si e que deu orixe a numerosas guerras tribais ata o século XX. A tribo máis importante era a dos Erguibat. Fóra da división tribal quedaban os maalemin (artesáns), iggaugen (trobadores), abid (escravos ) e haratin (libertos).

Reclamada como colonia por España en 1885, a ocupación efectiva do territorio non se realizou até 1934. Trala Marcha Verde, a metrópole cedeu o territorio en 1976 a Marrocos e Mauritania, mais a Fronte Polisario proclamou a República Árabe Saharauí Democrática (RASD), iniciando unha guerra que remataría en 1991 á espera dun referendo que Marrocos se negou en repetidas ocasións a convocar.

O Sáhara Occidental foi unha colonia española dende 1975, cando Marrocos o invadiu mediante a Marcha Verde. Porén, a Marcha Verde sorprendeu a España nun momento delicado e optou por abandonar o territorio. O referendo seque pendente de celebrarse. Coa saída de España do territorio comezou a librarse unha guerra que enfrontou á Fronte Polisario cos seus veciños do norte e o sur: Marrocos (que invadía o territorio polo norte) e Mauritania (que o facía dende o sur). En 1979 Mauritania asina a paz co Fronte Polisario e renuncia ás súas pretensións sobre o territorio. En 1991, a ONU asumiu a responsabilidade de buscar unha saída pacífica ao conflito e estableceu a Misión para o Referendo no Sáhara Occidental (MINURSO). O secretario xeral e o Consello de Seguridade fixaron a data da celebración do referendo para febreiro de 1992. A consulta nunca se celebrou.

A invasión marroquí obrigou a decenas de miles de saharauís a fuxir ó deserto ata territorio alxerino, onde levantaron, cerca da cidade de Tinduf, campos de refuxiados. Exiliados nese recuncho de deserto máis duro do planeta, arredor de 160.000 saharauís sobreviviron dende fai 35 anos esperando regresar á súa terra. Os que non puideron fuxir no 1975 permanecen no territorio ocupado por Marrocos.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

De acordo cun informe xurídico (documento S/2002/161) dirixido ao Presidente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, e datado o 29 de xaneiro do 2002, segundo indica no seu sexto parágrafo:

O 14 de novembro de 1975 España, Marrocos e Mauritania emitiron en Madrid unha declaración de principios sobre o Sáhara Occidental (o “Acordo de Madrid”), con arranxo o cal as facultades e responsabilidades de España, como Potencia administradora do Territorio, transferíronse a unha administración temporal tripartita. O Acordo de Madrid non transferiu a soberanía sobre o Territorio nin conferiu a ningún dos signatarios a condición de Potencia administradora, condición que España, por si soa, non podería transferir unilateralmente. A transferencia da autoridade administrativa sobre o Territorio a Marrocos e Mauritania no 1975 non afectou á condición internacional do Sáhara Occidental como Territorio non autónomo.

Segundo o Dereito Internacional, xuridicamente a soberanía e a administración do Sáhara Occidental seguirían nas mans de España, se ben dende a firma dos Acordos de Madrid, non levou a cabo ningunha acción en tal sentido. O administrador de facto da maior parte do territorio é Marrocos. O resto atópase controlado pola autoproclamada República Árabe Saharauí Democrática (RASD). A RASD está recoñecida pola Unión Africana e por 46 países no mundo, a maioría deles africanos ou latinoamericanos. O último en facelo foi a República de Nicaragua o 12 de xaneiro do 2007. A RASD non está recoñecida nin pola ONU nin pola Liga Árabe nin por ningún país europeo nin ningún membro permanente no Consello de Seguridade das Nacións Unidas.

As pretensións de Marrocos respecto a súa "integridade territorial" (o que podería ser interpretado como apoio a súa reivindicación sobre o Sáhara Occidental) son apoiadas por 25 estados e pola Liga Árabe [3] . Porén, ningún país recoñece formalmente a anexión, como recoñece o Informe do Secretario Xeral da ONU sobre a situación relativa o Sáhara Occidental (19 de abril do 2006):

[...] xa que iso implicaría o recoñecemento da soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental, cousa que estaba fóra de calquera consideración, dado que ningún Estado Membro das Nacións Unidas recoñecería dita soberanía.

A República Árabe Saharauí Democrática ten un goberno no exilio, localizado a Tindouf, Alxeria. A maior parte do territorio do Sáhara Occidental está ocupado militarmente por Marrocos, o resto é administrado pola RASD.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Posto militar no Aaiún

Antigamente dividíase en Saguia el Hamra (capital: O Aaiún) e Río de Oro (capital Dakhla, antiga Villa Cisneros). Outras poboacións importantes son Smara ou La Güera (ou La Agüera).

Marrocos dividiu o Sáhara Occidental en catro provincias: Boujdour (Boxador), Laâyoune (O Aaiún), Es-Smara (Smara) e Qued Eddahab (Río de Oro). Tras a reorganización de 1997, o territorio do Sáhara Occidental pertence a tres rexións marroquís (Oued Ed-Dahab - Lagouira, Laâyoune - Boujdour - Sakia El Hamra e Guelmin - Es-Semara). As dúas últimas inclúen tamén territorio de Marrocos (unha pequena parte de Cabo Juby aquela e unha gran parte do sur de Marrocos estoutra).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa do Sáhara Occidental

O Sáhara Occidental atópase localizado en África do Norte, limitando ao norte co océano Atlántico, entre Mauritania (leste e mais sur) e Marrocos (norte). Limita tamén ao nordeste con Alxeria.

Atravesado polo trópico de Cáncer, o territorio está ocupado polo deserto do Sáhara, sendo unha parte erg (deserto de area) e outra de pedra.

A escasa vexetación só medra nos oasis. Existen algunhas especies de animais adaptadas ao árido hábitat desértico, como o rato brincante do deserto.

Economía[editar | editar a fonte]

O Sáhara Occidental non posúe precipitacións abondo como para abastecer á maioría das actividades agrícolas, a agricultura só se practica ocasionalmente, tras as chuvias en zonas de terra vexetal. A súa economía céntrase no pastoreo nómade de camelos, cabras e ovellas, a pesca e a minería. Especial relevo ten a minería de fosfato, principal produto de exportación. Nos últimos tempos compañías petrolíferas internacionais levan a cabo exploracións na costa en busca de reservas de gas ou petróleo. A maioría dos alimentos para a poboación urbana debe ser importada. Todo o comercio e outras actividades económicas son controladas polo goberno de Marrocos. Os ingresos e estándares de vida atópanse substancialmente por debaixo dos de Marrocos.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica entre 1961 e 2003 (FAO 2005), en miles de habitantes.

A poboación do Sáhara Occidental, os saharauís, son na súa maior parte unha poboación mixta, descendentes dos Beni Hassan, unha tribo beduína árabe do Iemen que arredor do século XV chegan ao Sáhara Occidental, e de tribos bérberes, existe tamén unha escasa minoría de ascendencia española ou europea, e de raza negra. Unha parte da poboación saharauí orixinaria (arredor de 155.000) atópase refuxiada en campamentos en Alxeria dende 1975. O país está ocupado maioritariamente por marroquís chegados despois de 1975 e polo exército.

O Sáhara Occidental é un dos territorios máis escasamente poboados do mundo e posiblemente o de menor densidade de poboación[Cómpre referencia]. Cara a xullo de 2004 existía no Sáhara Occidental unha poboación estimada de 267.405 persoas.

O idioma oficial é o árabe, o hassaniya é o dialecto que se fala popularmente. O español tamén ten unha certa presenza no territorio, sobre todo entre a poboación que se educou durante a colonia española.

A relixión predominante é o islam.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura do Sáhara Occidental.

A sociedade saharauí caracterízase por numerosos costumes, tradicións e festexos. A cerimonia do té é a máis importante para eles. Nela fanse tres vasos de té, o primeiro amargo como a vida, o segundo doce como o amor e o terceiro suave como a morte. A cada vaso de té danlle un significado. Amargo porque pensan que a vida no deserto é moi dura. O doce porque para eles o amor é o máis importante que hai. E o suave xa que non temen á morte. A tradición manda prepararlle un vaso de té a cada visitante que vai á súa casa, irse sen tomar o té seria para eles un xesto de deshonra.[Cómpre referencia] A oración e o máis sagrado, rezan 5 veces ao día. A primeira é a primeira hora da maña sobre as cinco, a segunda antes de comer, a terceira a primeira hora da tarde, a cuarta sobre as 6 da tarde e por último a quinta pola noite. Á hora de rezar recítase un fragmento do Corán, os homes e as mulleres rezan por separado. Excepto se hai algunha festa importante como a Eid al-Adha rezan todos xuntos. O home sempre diante e a muller atrás cos nenos, as mulleres recitan o Corán en voz baixa namentres que os homes fano en voz alta. É tamén de tradición que cando un visitante chega se lle mate unha cabra, como sinal de riqueza por parte da familia.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.un.org/ga/search/view_doc.asp?symbol=S/2002/161 documento de distribución oficial S/2002/161 del 12 de febrero de 2002
  2. Real Instituto Elcano. GONZÁLEZ CAMPO, Julio.: Las pretensiones de Marruecos sobre los territorios españoles en el norte de África (1956-2002) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Documento de Trabajo núm. 15 DT-2004, pp. 7.
  3. 3,0 3,1 Ruiz Miguel, Carlos (19 de abril de 2007). "El acuerdo de pesca UE-Marruecos o el intento español de considerar a Marruecos como “potencia administradora” del Sáhara Occidental" (PDF). Anuario de Derecho Internacional. Western Sahara Human Rights Watch. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de agosto de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2018. Las consideraciones anteriores se hallan confirmadas por resoluciones de la Asamblea General de la ONU. De estas resoluciones se desprenden dos conclusiones complementarias: la Asamblea General de la ONU nunca ha considerado a Marruecos como “potencia administradora” sino como ocupante; y España ha seguido siendo considerada como “potencia administradora” [...] VIII. Conclusiones. [...] 2º. El acuerdo tripartito de Madrid de 1975 no ha transferido “a Marruecos” la cualidad de potencia administradora. [...] 4º. De acuerdo con las resoluciones de la Asamblea General de las Naciones Unidas y la práctica del Secretario General la “potencia administradora” del Sáhara Occidental sigue siendo España, aunque lo sea de iure, pero no de facto 
  4. Asamblea General (21 de novembro de 1979). "34/37. Cuestión del Sáhara Occidental". A/RES/34/37. Organización de las Naciones Unidas. La Asamblea General [de la ONU]
    Deplora profundamente la agravación de la situación, como consecuencia de la persistente ocupación del Sáhara Occidental por Marruecos y de la ampliación de esa ocupación al territorio recientemente evacuado por Mauritania.
    Pide encarecidamente a Marruecos que participe también en la dinámica de paz y ponga fin a la ocupación del Territorio del Sáhara Occidental
     
  5. Document S/2006/249, Report of the Secretary-General on the situation concerning Western Sahara [1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]