Río Narla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Narla
Río Narla na área recreativa de Friol.
PaísEspaña España
rexiónGalicia Galicia
Nacementomonte do Toxo
Lonxitude24 km
ConcaRío Miño
DesembocaduraRío Miño

O río Narla é un afluente pola banda oeste do río Miño, e presenta un percorrido de 24 quilómetros. Nace no monte do Toxo, no sistema montañoso de Corno de Boi, na parroquia de Xiá, Friol. É un río próximo á cidade de Lugo pois desemboca na parroquia de Ombreiro, Lugo.

No ano 2004 paralizouse un proxecto de encoro para o río Narla debido ao seu impacto ambiental e ao valor ecolóxico do lugar[Cómpre referencia], xa que está catalogado como parte da zona especial de conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga[1][2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120003 Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 03/04/2020. 
  2. "Río Eo". Arquivado dende o orixinal o 20/04/2021. Consultado o 03/04/2020. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.