Río Godavari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Godavari
O Godavari cerca da cidade de Kovvur
PaísIndia
NacementoTrimbakeshwar
Lonxitude97 km
Conca313.000 km²
Caudal medio3.500 m³/s (no delta)
DesembocaduraOcéano Índico
Localización do Godavari

O Godavari é un dos principais ríos da India; o terceiro en importancia despois do Ganxes e o Indo, con 1.465 km de lonxitude desde as súas fontes até a desembocadura no océano Índico.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Godavari nace en Trimbakeshwar, nas proximidades das cidades de Nashik e Mumbai e moi preto da ex-colonia portuguesa de Damâo, no estado de Maharashtra, a tan só uns 80 km de distancia do Mar Arábigo, de xeito que semella partir a India de mar a mar. De primeiras corre atravesando o centro da India no estado de Andhra Pradesh. Cerca de Rajamandri, a 80 km de dsitancia da costa, o Godavari divídese en dous ramais, comezando a formar un inmenso delta, que acaba por render as súas augas no golfo de Bengala.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Destacan, en orde desde a fonte á foz:

A súa conca cobre unha área de 313.000 km², estendéndose por oito estados indios.

Réxime hídrico[editar | editar a fonte]

O Godavari é un río de réxime pluvial, de modo que o seu leito está cheo de auga durante o monzón, entanto na estación seca pode levar moi pouca auga.

Localidades as beiras[editar | editar a fonte]

Destacan as seguintes cidades: Trimbakeshwar, Nashik, Nanded no estado de Maharashtra,
Bhadrachalam, Rajamandri, Kovvur en Andhra Pradesh.

Sacralidade[editar | editar a fonte]

Como é o caso doutros ríos indios, as súas orelas son frecuentadas por peregrinos, pois o Godavari é un dos sete río sagrados da India.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]