Río Dnister

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Dnister
PaísUcraína, Moldavia
NacementoCárpatos de Ucraína
Altitude1.000 msmn
Lonxitude1.370 km
Conca72.100 km²
Caudal medio380 m³/s
DesembocaduraMar Negro
Localización do curso do Dnister
O río Dnister preto de Otaci, Moldavia

O Dnister[Cómpre referencia] (Dniestr en polaco, Дністер, en ucraíno, Nistru en romanés, Днестр (Dniestr) en ruso e Tyras en latín) é un río da Europa oriental, cunha lonxitude de 1.370 km e un caudal medio de 380 m³/s, que atravesa a Ucraína e Moldavia.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Dnister nace en Ucraína, nos montes Cárpatos, nas proximidades da aldea de Roslutsch, no distrito de Starij Sambir, preto da fronteira con Polonia, desde onde flúe cara ao mar Negro, con lixeiro sentido NE-SW. Logo de correr por boa parte das chairas ucraínas, durante un breve treito serve de límite entre a Ucraína e Moldavia, para logo entrar neste último país, onde ten un curso de 398 km, volvendo despois a servir nun curto traxecto de linde con Ucraína, onde acaba por desaugar nun estuario, que forma unha ampla lagoa litoral antes de entrar no Mar Negro, ao suroeste da cidade de Odesa. En total a súa conca abrangue unha área de algo máis 72.000 km².

Afluentes[editar | editar a fonte]

Os seus principais tributarios son o Seret e o Stryj. Nunha lista maior de afluentes pódense salientar os seguintes:

marxe dereita

  • Tismenitzja
  • Stryj, 232 km.
  • Svicha
  • Sivka
  • Limnitzja
  • Bistritzja
  • Reut

marxe esquerda

Navegabilidade[editar | editar a fonte]

O Dnister é navegábel desde Halych.

Historia[editar | editar a fonte]

Entre 1918 e 1940, o Dnister facía de fronteira entre a Unión Soviética e a rexión de Besarabia, que formaba parte da Romanía.