Ryohei Chiba
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
(2014) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de novembro de 1984 Sapporo, Xapón |
| Outros nomes | Ryohei Chiba |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, rapeiro, bailarín |
| Período de actividade | 2000 |
| Xénero artístico | J-Pop |
| Instrumento | Voz |
| Selo discográfico | Pony Canyon |
Ryohei Chiba (千葉 涼平, Ryōhei Chiba), nado en Sapporo o 18 de novembro 1984, é un cantante xaponés. Alcanzou a fama como membro (bailarín e cantante) dun grupo de pop xaponés chamado w-inds.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Chiba comezou a tomar clases nunha escola de danza en Sapporo, onde se reuniu con Ryuichi Ogata. Asistiu á escola primaria de Kitashiroishi, con todo, logo de completar o seu primeiro ano de secundaria de Kitashiroishi, foi transferido a unha escola en Tokyo co fin de continuar coas súas actividades con w-inds. Nun evento do club de fans en marzo do 2003, mencionou que non asistiu á cerimonia de gradación.
Carreira musical
[editar | editar a fonte]Chiba fixo a súa primeira aparición en televisión en 1998 coa súa nai, onde todas as mulleres do xurado votáronlle como o mozo máis lindo. En 2000, el, xunto con Ogata, pasaron as audicións que levaron a cabo na súa escola de danza para unirse a Keita Tachibana e forman a banda w-inds. Aínda que nun principio foi elixido para ser un bailarín de apoio, nos singles do grupo, Chiba canta e rapea. Durante o Prime of Life Tour en 2004, Chiba cantou unha canción en solitario, "Stand Your Ground", escrita por el mesmo, aínda que esta canción nunca foi gravada en ningún álbum.