Ruminación (psicoloxía)
| Ruminación | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
A ruminación[1] (do inglés: rumination[2]) consiste na repetición ou obsesión con pensamentos e emocións negativas.[3]
Definición
[editar | editar a fonte]
Segundo a teoría dos estilos de resposta proposta por Susan Nolen Hoeksema (1998), a ruminación, ou pensamentos obsesivos (que non se deben confundir cos pensamentos intrusivos), consiste en que a persoa centra de maneira repetitiva os seus pensamentos nos síntomas do seu malestar, así como nas súas posibles causas e consecuencias, en lugar de orientalos cara ás posibles solucións.[4][5]
Coma esta teoría foi apoiada polos resultados empíricos, este modelo de ruminación é a conceptualización máis amplamente empregada. Con todo outras teorías propuxeron definicións diferentes da ruminación. Por exemplo, na teoría de progreso cara os obxectivos, a ruminación se conceptualiza, non coma unha reacción a un estado de ánimo, senón coma «resposta ao fracaso no progreso satisfactorio cara a un obxectivo». Por esta razón, tanto a ruminación como a preocupación se asocian coa ansiedade e outros estados emocionais negativos; con todo as súas medidas non foron unificadas.
A ruminación prodúcese tanto en persoas sen trastornos mentais como naquelas que presentan algún trastorno psicolóxico; porén, nestas últimas maniféstase con maior intensidade e pode contribuír ao agravamento da súa condición. En boa medida, ten lugar de maneira involuntaria, como un círculo vicioso no que a mente queda atrapada sen que a persoa sexa capaz de afastar del os seus pensamentos, polo menos durante un tempo. De feito, un dos trazos comúns máis salientables da depresión, do trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) e dalgunhas formas de ansiedade social é a persistencia de pensamentos negativos.[6][6][2][7]
Características
[editar | editar a fonte]A ruminación adoita presentar un carácter pasivo e autorreferencial, caracterizase por ser un proceso de pensamiento repetitivo, recorrente e díficil de interromper. As persoas que experimentan este fenómeno adoitan analizar reiteradamente acontecementos pasados, os seus propios erros ou as causas do seu malestar, sen chegar a unha resolución efectiva dos problemas. Este patrón cognitivo adoita manter ou intensificar as emocións negativas en lugar de alivialas e pode interferir na concentración, na toma de decisións e na capacidade de resolver problemas de maneira eficaz.A diferenza da resolución de problemas a ruminación non conduce necesariamente a procura de solucións, senón que mantén a atención centrada nas consecuencias do malestar emocional.[4]
Diversos estudos sinalan que a ruminación pode actuar como un factor de mantemento do malestar emocional ao favorecer a aparición de pensamentos negativos recorrentes e dificultar a regulacion das emocións. Ademais a súa frecuencia e intensidade adoitan aumentar en situacións de estrés ou tras acontecimientos vitais adversos.[4]
Relación con outros trastornos
[editar | editar a fonte]A ruminación constitúe un factor transdiagnóstico presente en diversos trastornos mentais, especialmente nos trastornos do estado de ánimo e nos trastornos de ansiedade, aínda que tamén aparece noutras alteracións psicolóxicas.[8]
A depresión é o trastorno co que a ruminación mantén un vínculo máis estreito. Segundo a teoría dos estilos de resposta de Nolen-Hoeksema este patrón de pensamento favorece a persistencia do estado de ánimo depresivo e incrementa o risco de recaídas ao manter a atención centrada nos síntomas depresivos e nas súas posibles causas.[4]
A ruminación tamén se observa nos trastornos de ansiedade especialmente na ansiedade social e na ansiedade xeneralizada. Nestes casos adoita coexistir coa preocupación, aínda que ambos os procesos se diferencian polo seu contido e pola orientación temporal dos pensamentos.[9]
Así mesmo, identificouse a presenza no trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) e no trastorno por estrés postraumático, onde pode contribuír ao mantemento da sintomatoloxía e dificultar a recuperación.[8]
Modelos teóricos
[editar | editar a fonte]Teoría dos estilos de resposta
[editar | editar a fonte]A teoría dos estilos de resposta foi proposta por Susan Nolen Hoeksema para explicar a influencia da ruminación na aparición e no mantemento da depresión. Segundo este modelo, as persoas que responden ao seu malestar mediante a ruminación tenden a prolongar e intensificar os síntomas depresivos, xa que centran a súa atención nos seus sentimentos negativos e mais nas súas posibles causas e consecuencias en lugar de procurar solucións ou levar a cabo condutas orientadas a resolvelos.[4]
Modelo S-Ref
[editar | editar a fonte]O modelo de funcións autorreguladoras ou en inglés "Self-Regulatory executive function"( S-Ref), desenvolvido por Adrian Wells e Matthews, considera que a ruminación forma parte dun patrón de procesamento cognitivo desadaptativo mantido por crenzas metacognitivas sobre o propio pensamento. Segundo este modelo as persoas siguen rumiando porque consideran que este proceso lles axuda a comprender ou resolver os seus problemas, aínda que, na práctica, contribúe ao mantemento do malestar emocional.[6][10]
Modelo do progreso cara aos obxectivos
[editar | editar a fonte]Martin e Tesser propuxeron unha explicación alternativa segundo a cal a ruminación xorde cando a persoa percibe que non progresa de xeito satisfactorio cara os seus obxectivos persoais. Dende esta perspectiva, a ruminación constitúe unha resposta ao fracaso percibido no logro dos obxectivos máis ca unha consecuencia directa do estado de animo negativo.[4]
Tratamento
[editar | editar a fonte]O tratamento da ruminación céntrase principalmente na modificación dos patróns de pensamento repetitivo e na mellora da regulación emocional. As intervencións máis empregadas son de natureza psicolóxica, aínda que o tratamento pode variar en función do trastorno co que a ruminación estea asociada.[10]
A terapia cognitivo condutual (TCC) constitúe unha das intervencións máis empregadas para reducir a ruminación. Mediante técnicas de reestructuración cognitiva, resolución de problemas e activación condutual, busca modificar os patróns de pensamento desadaptativos e favorecer estratexias máis eficaces para afrontar o malestar emocional[11]
A terapia metacognitiva desenvolvida por Adrian Wells, parte da premisa de que a rumiación se mantén debido ás crenzas metacognitivas que a persoa posúe dobre os seus propios pensamentos. O seu obxectivo é modificar estas crenzas e reducir a tendencia a responder aos pensamentos negativos mediante a rumiación. [10]
Nos últimos anos tamén se investigou a eficacia de intervencións baseadas na atención plena (mindfulness), que promoven unha relación diferente cos pensamentos e as emocións sen intentar suprimilos nin responder de forma repetitiva. Diversos estudos suxiren que estas intervencións poden contribuír á diminución da ruminación e á prevención de recaídas na depresión. [11]
Bases neurobiolóxicas da ruminación
[editar | editar a fonte]A investigación en neurociencia cognitiva demostrou que a ruminación non é só un proceso psicolóxico, senón que está vinculada a alteracións específicas na conectividade e no funcionamento de determinadas redes neuronais. Os estudos con resonancia magnética funcional (IRMf) revelan un patrón biolóxico característico nas persoas propensas a este estilo de pensamento. [12]
A rede por Defecto (DMN)
[editar | editar a fonte]O achado neurobiolóxico máis relaciona a ruminación coa "Rede por Defecto" ("Default Mode Network" ou DMN). Esta rede neuronal inclúe áreas como a cortiza cingulada posterior, a cortiza posterior, a cortiza prefrontal medial e o lóbulo parietal inferior, e actívase de forma natural cando o cerebro está en repouso, cando realizamos tarefas de introspección, pensamos no futuro ou recordamos o pasado (autobiografía). [13]
Nas persoas cun perfil ruminativo alto ou con depresión maior, a Rede por Defecto presenta dous problemas principais:
-Hiperactividade: A rede mantén un nivel dd activación anormalmente elevado, o que dificulta que o suxeito poida desconectar dos seus propios pensamentos internos e autoreferencias[13]
-Hiperconectividade co sistema límbico: Detectouse unha unión excesiva dntre a DMN e áreas ligadas as emocións negativas, xomo a amígdala e a cortiza subxenual. Isto provoca que calquera pensamento espontáneo ou recordo que inmediatamente "tinguido" de tristeza, culpa ou ansiedade, retroalimentando o círculo vicioso cognitivo.[14]
O fallo no control cognitivo
[editar | editar a fonte]De forma paralela á hioeractividade da DMN, os estudos amosan unha hipoactividade ou menor conectividade na "Rede de Control Executivo", regulada pola cortiza prefrontal dorsolateral. Esta área é a encargada de dirixir a atencion de forma voluntaria, inhibir os estímulos irrelevantes e frear os impulsos. Cando esta rede non funciona de xeito óptimo, o individuo perde a capacidade de exercer un control "de arriba abaixo" (top-down) sobre a súa mente, resultando incapaz de frear ou desviar os pensamentos intrusivos e os bucles ruminativos cara a tarefas externas produtoras de distración.[15]
Diferenza de xénero na ruminación
[editar | editar a fonte]A investigación en psicoloxía diferencial e da personalidade demostrou de forma consistente a existencia de diferenzas de xénero significativas no emprego de estratexias cognitivas ante o malestar emocional. Estatisticamente, as mulleres presentan unha maior tendencia a empregar a ruminación como estilo de resposta en comparación cos homes, un patrón que se consolida a partir da adolescencia. [16]
Factores explicativos
[editar | editar a fonte]A maior prevalenza do estilo ruminativo nas mulleres explícase a través dunha interacción de factoees biolóxicos, psicolóxicos e de socialización:
-Socialización de xénero e expresión emocional: Dende a infancia, as pautas de socialización adoitan fomentar que as mulleres sexan máis conscientes das súas propias emocións e das relacións interpersoais, promovendo un enfoque máis introspectivo e orientado aos análises do malestar. Pola contra, os homes adoitan ser socializados para responder mediante a acción, a supresión emocional ou a distración activa (coma deportes ou actividades instrumentais).[17]
-Orientación cara ás relacións (interdependencia):
As mulleres tenden a puntuar máis alto en facetas relacionadas coa interdependencia social. Cando xorden conflitos interpersoais, son máis propensas a rumiar sonre as causas e consecuencias da ruptura ou o problema, co obxectivo de perservar a harmonía grupal, aínda que isto aumente o seu sufrimento individual.[17]
-Vulnerabilidade ao estrés:
Estudos de ciclo vital sinalan que as adolescentes e mulleres novas reportan unha maior cantidade de estresores de carácter interpersoal e social, contextos onde o estilo pasivo da ruminación atopa un terreo fértil ao non haber unha solución física ou inmediata.[16]
Implicacións na saúde mental
[editar | editar a fonte]Esta diferenza no estilo cognitivo ten consecuencias clínicas directas. Segundo a hipótese de Susan Nolen-Hoeksema, a maior tendencia á ruminación é un dos factores mediadores principais que explica por que a prevalenza da depresión maior e dos trastornos de ansiedade é aproximadamente o dobre nas mulleres que nos homes en todo o mundo. Ao afrontar o estrés diario mediante o bucle do pensamento repetitivo, amplifícase a intensidade e a duración dos síntomas depresivos iniciais, dificultando a autorregulación emocional natural.[18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ruminación.
- 1 2 Adrián Triglia. "Rumiación: el molesto círculo vicioso del pensamiento".
- ↑ Salamon, Maureen (2024). "Break the cycle". Harvard Health Publishing (en inglés).
- 1 2 3 4 5 6 Nolen-Hoeksema, S.; Wisco, B. E.; Lyubomirsky, S. (2008). "Rethinking Rumination" (PDF) 3 (5): 400–424. PMID 26158958. doi:10.1111/j.1745-6924.2008.00088.x.
- ↑ Nolan, Susan A.; Roberts, John E.; Gotlib, Ian H. (1998). "Neuroticism and ruminative response style as predictors of change in depressive symptomatology." (PDF) 22 (5): 445–455. doi:10.1023/A:1018769531641.
- 1 2 3 Matthews, Gerald (2003). "Rumination, Depression, and Metacognition: the S-REF Model". Depressive Rumination: Nature, Theory and Treatment. John Wiley & Sons. ISBN 9780471486923. doi:10.1002/9780470713853.ch7.
- ↑ Josefina Cano. "Atascos en las autopistas del cerebro".
- 1 2 Ehring, Thomas (2008). "Repetitive Negative Thinking as a Transdiagnostic Process". International Journal of Cognitive Therapy: 192–205. doi:10.1521/ijct.2008.1.3.192.
- ↑ Watkins, Edward R. (2008-03). "Constructive and unconstructive repetitive thought.". Psychological Bulletin (en inglés) 134 (2): 163–206. ISSN 1939-1455. PMC 2672052. PMID 18298268. doi:10.1037/0033-2909.134.2.163.
- 1 2 3 Wells, Adrian (2009). Metacognitive Therapy for Anxiety and Depression. Guilford Press. ISBN 9781606231289.
- 1 2 Watkins, Edward R. (2016). Rumination-Focused Cognitive-Behavioral Therapy for Depression. Guilford Press. ISBN 9781462525102.
- ↑ Hamilton, J. Paul; Furman, Daniella J.; Chang, Catie; Thomason, Moriah E.; Dennis, Emily; Gotlib, Ian H. (2011-08). "Default-Mode and Task-Positive Network Activity in Major Depressive Disorder: Implications for Adaptive and Maladaptive Rumination". Biological Psychiatry 70 (4): 327–333. ISSN 0006-3223. doi:10.1016/j.biopsych.2011.02.003.
- 1 2 Hamilton, J. Paul; Farmer, Madison; Fogelman, Phoebe; Gotlib, Ian H. (2015-08). "Depressive Rumination, the Default-Mode Network, and the Dark Matter of Clinical Neuroscience". Biological Psychiatry 78 (4): 224–230. ISSN 0006-3223. doi:10.1016/j.biopsych.2015.02.020.
- ↑ Cooney, Rebecca E.; Joormann, Jutta; Eugène, Fanny; Dennis, Emily L.; Gotlib, Ian H. (2010-12). "Neural correlates of rumination in depression". Cognitive, Affective, & Behavioral Neuroscience 10 (4): 470–478. ISSN 1530-7026. doi:10.3758/cabn.10.4.470.
- ↑ Kaiser, Roselinde H.; Andrews-Hanna, Jessica R.; Wager, Tor D.; Pizzagalli, Diego A. (2015-06-01). "Large-Scale Network Dysfunction in Major Depressive Disorder". JAMA Psychiatry 72 (6): 603. ISSN 2168-622X. doi:10.1001/jamapsychiatry.2015.0071.
- 1 2 Nolen-Hoeksema, Susan; Girgus, Joan S. (1994). "The emergence of gender differences in depression during adolescence.". Psychological Bulletin 115 (3): 424–443. ISSN 1939-1455. doi:10.1037/0033-2909.115.3.424.
- 1 2 Nolen-Hoeksema, Susan (2001-10). "Gender Differences in Depression". Current Directions in Psychological Science 10 (5): 173–176. ISSN 0963-7214. doi:10.1111/1467-8721.00142.
- ↑ Nolen-Hoeksema, Susan; Wisco, Blair E.; Lyubomirsky, Sonja (2008-09). "Rethinking Rumination". Perspectives on Psychological Science (en inglés) 3 (5): 400–424. ISSN 1745-6916. doi:10.1111/j.1745-6924.2008.00088.x.