Saltar ao contido

Rumex pulcher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rumex pulcher
Rumex pulcher
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
   R. pulcher (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeCaryophyllales
 FamiliaPolygonaceae
 TriboRumiceae
 XéneroRumex
 EspecieRumex pulcher Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Rumex pulcher Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0c00wx2 Editar o valor en Wikidata
ITIS20942 Editar o valor en Wikidata
OTT967974 Editar o valor en Wikidata
CoL4TPVF Editar o valor en Wikidata
EOL585268 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000404086 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Rumex pulcher L., coñecida como labaza ou lampaza, é unha especie da familia das poligonáceas.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]
Inflorescencia.

Orixinaria da rexión mediterránea.[1] Estendida como maleza por todo o mundo en bosque baixo caducifolio, ás veces de bosque de piñeiro-aciñeira.

Vista da planta

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha herba perenne, erguida, delgada, sen pelos. Chega a alcanzar un tamaño de 30 a 60 cm de alto. O talo con ramificacóns estendidas. Onde nace cada folla e rodeando o talo e ás veces a base do pecíolo, encóntrase a ócrea, que é un tubo membranoso, translúcido, que se rompe e desaparece pronto. As follas son alternas, as basais son oblongas, ás veces estreitándos preto da base (como a forma dun violín), de até 12 cm de longo, coa base xeralmente acorazonada e a marxe algo ondulada, sobre longos pecíolos, as follas superiores máis miúdas e coa base redondeada. As flores dispóñense en grupiños compactos, algo afastados uns doutros, ao longo de acios que en conxunto forman unha panícula grande na que se presentan unhas poucas follas reducidas. Tamén se presentan estes grupiños de flores nas axilas das follas superiores. As flores son verdosas ou arroibadas, moi pequenas. O froito é seco (un aquenio) e dunha soa semente, con 3 costelas, liso, envolto por 3 folliñas (son os 3 tépalos internos das flores que se modificaron), triangular, ás veces longamente triangular, reticulado, con longos dentes na beira e cun tecido groso, prominente, esbrancuxado, moi evidente; en conxunto dá a aparencia dun froito alado.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Rumex pulcher foi descrita por Nikolaus Joseph von Jacquin e publicado en Enum. Stirp. Vindob. 62 1762.[2]

Etimoloxía

Rumex: nome xenérico que deriva do latín rŭmex, rumǐcis, xa recollido en Plinio o Vello para designar o xénero na súa época (quod... appellant, nostri vero rumicem, alii lapathum canterinum - que nós (os latinos) chamamos rumex, e outros lapathum canterinum) (XX, 85).

pulcher: epíteto latíno que significa "preciosa".[3]

Variedades aceptadas
Sinonimia
  • Lapathum pulchrum (L.) Moench
  • Lapathum sinuatum Lam.
  • Rumex denticulatus K.Koch
  • Rumex divaricatus auct.
  • Rumex lyratus L. in Loefl.
  • Rumex tuberculatus K. Koch
  • Rumex woodsii De Not.[4]
  • Galego: carvesa, carvés, herba alabarza, labarza, labaza, lampaza, llabasa, llabasar, llabasas, llabaza, llampaza, llampazas.[5]
  1. (Rzedowski e Rzedowski, 2001).
  2. "Rumex pulcher". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 12 de xuño de 2014.
  3. En Epítetos Botánicos
  4. Sinónimos en Tela Botánica
  5. Nomes de Real Jardín Botánico Arquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]