Ruhr
| Epónimo | Río Ruhr | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.152.152 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 4.435 km² | ||||
| Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
| PIB nominal | 136.000.000.000 € (2007) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | metropoleruhr.de | ||||
O Ruhr, tamén coñecida como Área do Ruhr, ás veces Distrito do Ruhr, Rexión do Ruhr ou Val do Ruhr, é unha área urbana policéntrica de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña. Cunha densidade de poboación de 1.160/km2 e unha poboación de máis de 5 millóns (2017),[1] é a área urbana máis grande de Alemaña e a terceira da Unión Europea. Consta de varias grandes cidades bordeadas polos ríos Ruhr ao sur, Rin ao oeste e Lippe ao norte. Considérase parte da rexión metropolitana Rin-Ruhr, de máis de 10 millóns de persoas, que é a terceira máis grande de Europa Occidental, só por detrás de Londres e París.
As cidades do Ruhr son, de oeste a leste: Duisburgo, Oberhausen, Bottrop, Mülheim an der Ruhr, Essen, Gelsenkirchen, Bochum, Herne, Hagen, Dortmund, Hamm e os distritos de Wesel, Recklinghausen, Unna e Ennepe-Kreis. As cidades máis poboadas son Dortmund (cunha poboación aproximada de 612 065),[2] Essen (uns 583 000) e Duisburgo (uns 497 000).
Na Idade Media, a Hellweg era unha importante ruta comercial dende a rexión do Baixo Rin ata as montañas do bosque de Teutoburgo. As cidades máis importantes da rexión, dende Duisburg ata a cidade imperial de Dortmund, concentrábanse ao longo da Hellweg dende Renania ata Westfalia. Dende o século XIX, estas cidades creceron xuntas nun gran complexo cunha vasta paisaxe industrial, habitada por uns 7,3 millóns de persoas (incluíndo Düsseldorf e Wuppertal, grandes cidades que están preto pero que oficialmente non forman parte da rexión do Ruhr).
A rexión do Ruhr non ten centro administrativo; cada cidade da zona ten a súa propia administración, aínda que existe unha institución supracomunitaria da Asociación Rexional do Ruhr en Essen.[3] En 2010, a rexión do Ruhr foi unha das Capitais Europeas da Cultura.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ruhr, Regionalverband (2018-01-09). "Zensus 2011". www.metropoleruhr.de (en alemán). Consultado o 2018.
- ↑ "Bevölkerung in Zahlen 2023". statistikportal.dortmund.de. Consultado o 2024.
- ↑ "Ruhr Regional Association". rvr.ruhr. Consultado o 2023.
- ↑ "REPORT FROM THE COMMISSION Ex Post evaluation of the 2010 European Capitals of Culture (Essen for the Ruhr, Pécs, Istanbul)" (en inglés). 2011. Consultado o 2025-07-24.
- ↑ "Home: RUHR.2010". essen-fuer-das-ruhrgebiet.ruhr2010.de. Arquivado dende o orixinal o 2009. Consultado o 2019.
