Rufino de Aquileia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRufino de Aquileia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 345 Editar o valor em Wikidata
Concordia Sagittaria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. 411 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Messina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPatrística (pt) Traducir, translations from Greek (en) Traducir e translation into Latin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Xerusalén Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónteólogo , tradutor , monxe , escritor , historiador da igrexa , historiador Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
ProfesoresXerome de Estridón e Dídimo, o Cego (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e Grego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Rufino de Aquileia segundo Frederik Bloemaert (ca. 1614-1690)

Tiranio Rufino de Aquileia (en latín, Tyrannius Rufinus Aquileiensis) nado en 345 na cidade de Concordia Sagittaria, na rexión italiana do Véneto, xunto á cidade de Aquileia, e finado en Mesina, Sicilia, en 411, foi un escritor e exéxeta cristián da antigüidade.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudos[editar | editar a fonte]

Estudou en Roma, onde coñeceu a San Xerome. Marchou despois a Aquileia para ser bautizado en 370, despois de recibir instrución cristiá do máis tarde bispo Cromacio e do diácono Eusebio. Acompañou a Exipto a nobre romana Melania, onde visitou os monxes do deserto de Nitria (Palestina). En Alexandría, frecuentou as clases de Dídimo o Cego, quen o afeccionou a Oríxenes, e coñeceu a Teófilo, futuro patriarca de Alexandría. En 380, atopou a Melania en Xerusalén e ingresou no mosteiro do Monte das Oliveiras. Xoán II de Xerusalén ordenouno sacerdote en 390.

Por eses anos, San Xerome fixara a súa residencia en Belén. En 397 tivo lugar o primeiro incidente entre Rufino e San Xerome: Epifanio, bispo de Salamina (Chipre), foi a Xerusalén para refutar o orixenismo contra Xoán de Xerusalén; apoiado por Rufino, Epifanio atopou axuda en san Xerome. O que san Xerome aprobara sempre era a Oríxenes exégeta, non dogmático.

Actividades en Occidente[editar | editar a fonte]

Rufino volve a Occidente e na coresma de 398 publica a súa tradución do De principiis, de Oríxenes, e a da apoloxía de Oríxenes feita por Pánfilo. Na primeira, non dubidou en presentar a Xerome como seguidor e admirador do alexandrino. San Xerome apresurouse a publicar unha nova tradución do De principiis que, de xeito diferente á de Rufino, conservaba literalmente as pasaxes do orixinal, que non deixaban de causar escándalo en Roma. O papa Anastasio (398-401) pediu contas a Rufino sobre o apoio que lle prestaba á doutrina de Oríxenes, para o que lle enviou Rufino a súa obra Apología ad Anastasium Romanae urbis episcopum. Rufino marchou entón a Aquileia con ocasión da morte da súa nai. Dirixiuse logo a Roma e, en compaña de Melania e outros familiares, foron a Pineto e logo a Sicilia.

Obra[editar | editar a fonte]

Apologia in Hieronymum

As súas obras conservadas abranguen cinco traballos principais e outros menores, como apoio a outros escritores:

  • De benedictionibus Patriarcharum, na que demostra predilección pola exexese orixenista (PL 21,293336).
  • Commentarium in Symbolum Apostolorum, na que aparece por vez primeira o Símbolo Apostólico en latín.[2]
  • Apologia in Hieronymum, na que explica a súa propia posición e bota en cara a Xerome o seu interese apaixonado polos clásicos.
  • Apologia ad Anastasium, onde defende a súa ortodoxia, posta en dúbida.[3]
  • Escribiu tamén De adulteratione librorum Originis e dous libros como continuación da Historia de Eusebio (cara a 325-395). As súas cartas perdéronse.

A actividade literaria de Rufino aparece, sobre todo, na súa modalidade de tradutor; de Oríxenes traduciu, ademais do De principiis, dezasete homilías sobre a Xénese, trece sobre o Éxodo, dezaseis sobre o Levítico, vinte e oito sobre os Números, vinte e seis sobre Xosué, nove sobre Xuíces e nove sobre o libro dos Salmos 36-38; traduciu o prólogo, tres libros e parte do cuarto do Comentario sobre Cantar dos cantares e dez libros do Comentario á epístola aos Romanos. De San Basilio traduciu as Regras e nove homilías; nove tamén de Gregorio Nacianceno; o diálogo de Adamancio; as Recognitiones Clementinae, cuxo texto orixinal se perdeu; a Historia Eclesiástica de Eusebio, que non só traduciu senón que estendeu a narración ata o ano 395; as sentenzas de Sexto, que abranguen 451 proverbios; e, finalmente, a Historia Monachorum.[4]

Legado[editar | editar a fonte]

Malia ser desacreditado, non de todo inxustamente por parte de Xerome, é acertado afirmar que boa parte da obra de Oríxenes e doutros autores se conservou grazas ao traballo de Rufino. Por outra banda, a obra de Rufino é de enorme importancia para o estudo da historia do monaquismo. No entanto, existen razóns máis que fundadas para dubidar dun bo número dos acontecementos narrados por Rufino.

A Rufino como tradutor considéraselle inseguro; ás veces omite cousas, outras engádeas e mesmo modifica textos. O desexo principal de Rufino coa súa actividade de tradutor non é o de espertar a admiración ou o aplauso dos seus lectores, senón o de contribuír ao seu progreso espiritual. É por isto que, máis alá dalgunhas traducións orixenianas que debatían importantes cuestións dogmáticas, que lle causarían involucrarse na controversia antiorixenista, Rufino dedicouse á tradución de obras de contido moral. El mesmo, para entender un pouco o seu pensamento e a súa intención, nos prólogos afirma claramente que unha lectura privada de problemas dogmáticos e rica de ensinanzas de tipo moral é a máis apta para difundir a doutrina cristiá.

Coas súas traducións, Rufino non soamente ofreceu ao mundo occidental unha importante contribución para a formación cristiá e para o desenvolvemento dos intereses ascéticos dos seus contemporáneos, senón que tamén inflíu na cultura e na teoloxía medievais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mark Vessey, 'Jerome and Rufinus', in Frances Young, Lewis Ayres and Andrew Louth, eds, The Cambridge History of Early Christian Literature, (2010), p327
  2. Ver o texto completo traducido aquí. (En inglés)
  3. Ver o texto completo traducido aquí. (En inglés)
  4. Cf. Altaner (1992:220).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Altaner, B. Patrología. 5ª ed. Madrid 1962. Páxinas 653 e seguintes. (En castelán)
  • Murphy, F. "Sources of the Moral Teaching ol Rulinus of Aquileia". En Studia Patristica. VI. Páxinas 147 a 154. (En inglés)
  • Simonetti, M. "Osservazioni sul De benedictionibus patriarcharum dei R. d'Aquileia", en Ri. Cult. CM. 4 (1962). Páxinas 3 a 14. (En italiano)
  • Autin, P. "Rulin et Pélage dans Jérôme. Prologue 1: in Jeremiam". En Latomus 22 (1963). Páxinas 792 a 794. (En francés)
  • Romanink, K. "Une controverse entre S. Jérôme et Rulin d'A. à propos de l'épître de S. P. aux Éphésiens". En Aegyptus. 43 (1963). Páxinas 84 a 106. (En francés)
  • Festugière, A. J. "Sur une édition de l'Historia Monachorum". En Revue Archéologique. I. París, 1963. Páxinas 210 a 215. (En francés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]