Rubén Juste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRubén Juste
Biografía
Nacemento(es) Rubén Juste de Ancos Editar o valor em Wikidata
1985
Toledo
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónSociólogo, escritor e consultor político
EmpregadorUniversidade Católica de Nossa Senhora de Assunção (pt) Traducir (2012–2013)
Universidad Andina Simón Bolívar (en) Traducir, Associate Investigator (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm11158605 Dialnet: 3413693 Editar o valor em Wikidata


Rubén Juste de Ancos, nado en Toledo en 1985, é un sociólogo, investigador e consultor político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rubén Juste é licenciado e doutor en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Realizou a súa tese doutoral sobre as portas xiratorias no IBEX 35.[1][2]

Debido á crise económica, emigrou a Australia tendo diversas ocupacións. Máis tarde trasladouse a Latinoamérica, instalándose primeiro en Paraguai, onde traballou na Universidade Católica Nuestra Señora de la Asunción e como consultor político para o Frente Guasú durante o mandato de Fernando Lugo até a súa destitución como presidente. Posteriormente tamén foi conselleiro para Avanza País. Deixou Paraguai para establecerse en Ecuador, traballando na Universidade Andina Simón Bolívar.[3]

Desde 2016 colabora en CTXT con diversas análises sobre a política económica histórica e actual.[4] En 2017 incorporouse como asesor do grupo político Unidos Podemos no Congreso.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

A investigación principal de Rubén Juste foi a estreita relación entre as elites políticas e económicas en España, analizando como estas relacións manexaron e manexan a política do país, desde os procesos de privatización das grandes empresas públicas, até a perda de soberanía cando esas mesmas empresas finalmente pasaron a pertencer a grandes capitais estranxeiros. Gran parte desta investigación, pioneira en España, está recollida no seu primeiro libro, IBEX 35. Una historia herética del poder en España.[6][7][8]

Libros[editar | editar a fonte]

  • IBEX 35. Una historia herética del poder en España (2017).[9]
  • La nueva clase dominante. Gestores, inversores y tecnólogos. Una historia del poder desde Colón y el Consejo de Indias hasta BlackRock y Amazon (2020).[10]

Artigos destacados[editar | editar a fonte]

  • Hegemonía colorada y alternancia política en Paraguay: Los límites de la vitoria de Horacio Cartes. Revista Novapolis. 2014.
  • Medios de comunicación, referencias nominales y poder en Paraguay. Revista Latina de Comunicación Social. 2014.
  • El pueblo en movimiento: el proceso de democratización en América Latina como transformación constante. Un análisis del caso de Ecuador. Revista electrónica de estudios latinoamericanos. 2013.
  • Redes de actores en medios de prensa. Una metodología para abordar la hegemonía en los medios de comunicación: el ejemplo de las elecciones de 2013 en Paraguay. Chasqui. Revista Latinoamericana de Comunicación. 2013.

Notas[editar | editar a fonte]