Rubén Cela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rubén Cela Díaz»)
Infotaula de personaRubén Cela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1979 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , economista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: rubenceladiaz Twitter: rubencela Editar o valor em Wikidata

Rubén Cela Díaz, nado en Lugo o 1 de marzo de 1979, é un economista e político galego do BNG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, fixo un curso de posgrao de Especialista en Dereito Tributario. Profesionalmente traballa no ámbito da consultaría privada. Milita no nacionalismo desde os dezaseis anos, nos Comités Abertos de Estudantes, nos Comités Abertos de Faculdade (CAF) e en Galiza Nova, organización da cal foi secretario xeral (2000-2004). Así mesmo, foi Director Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia (2006-2009). Foi o responsábel local do Bloque Nacionalista Galego en Santiago de Compostela, onde se postulou para alcalde nas eleccións municipais de 2011, nas cales foi elixido concelleiro (2011-2019). É membro da Executiva Nacional do BNG e preside a Fundación Galiza Sempre.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]